Domingo. 28.04.2024
El tiempo

María Lado e a Cuncha de Ouro: "Que se recoñezan ao mesmo nivel traballos noutras linguas é unha mostra de intelixencia"

Curtocircuito_Martes_CristinaPadín-22
María Lado acodindo á estrea no Cortocircuito de Compostela. Foto: Cristina Padín
María Lado e a Cuncha de Ouro: "Que se recoñezan ao mesmo nivel traballos noutras linguas é unha mostra de intelixencia"

O filme “O Corno” vén de recibir a Cuncha de Ouro á Mellor Película no festival de Cinema de Donosti. Un verdadeiro fito, pois se trata do primeiro filme galego que consegue un galardón deste calibre.
No elenco de artistas atopamos unha ceense, a polifacética María Lado, unha das poucas persoas da comarca que vive da cultura, gracias ao seu enorme talento.

Falamos onte con esta poeta, actriz, formadora… mentres ía onte, algo acelerada, á estrea do filme no festival Cortocircuito de Santiago.

  • QPC: Parabéns, antes de nada!!

Moitas ghrasias!!

  • QPC: Quen cho ía dicir a ti, non? Contabas con verte nun “sarao” así?

A verdade é que foi un pouco sorprendente porque normalmente non fago vida de actriz. Teño feito teatro, teño participado nalgunha peli, como unha de Olaia Sendón, ou nunha curta rodada en Lires, “A maleta de Eva” compartindo protagonismo con Serxio Domínguez, pero eran cousas máis pequenas. Iisto non é comparable.

  • QPC: Cóntanos como comeza entón a estas alturas a túa carreira cinematográfica? Como acabas formando parte do filme?

Pois a verdade é que eu normalmente non adoito ir aos castings, cóstame facer esas cousas, pásoo moi ben actuando, pero ese estrés de casting sempre me botou para atrás. Ademais como fago outras cousas, pois sempre teño excusas para non ir.
Pero desta volta chamáronme, digamos que se interesaron polo meu traballo, colleume nun día animado e fun pensando, bueno, veña, xa está ben de non querer ir nunca aos castings. E ao final entrei no reparto!! Alégrome moito de ter superado ese medo meu natural a ir a probas.

Unha poeta que está sempre enriba do escenario, así que no é tan distinto
  • QPC: Como se sinte pisando a alfombra vermella??

É moi divertido, hai que recoñecelo. Eu podería chegar a acostumarme a este rollo (risas). Despois tes que volver á tua casa e dá un pouco de baixón, pero si que é unha cousa deslumbrante que creo é o que pretenden cando o arman. No noso caso, no festival había moia emoción polo ambiente. Fixen amizades moi bonitas, e sínteste moi emocionada polas compañeiras, pola Jaione (a directora), por Janet (a actriz protagonista), e alégraste de que as cousas saian ben.

Maria Lado
María Lado na alfombra vermella de Donosti
  • QPC: Había sensación de premio no grupo?

Si que había idea de que estaba gustando, pero non sei se tanto de que ía caer a Cuncha; non sei ata que punto estaba nas apostas do equipo. Nas miñas non estaba, pero tampoco é que o pensara demasiado… Si que se sabía que estaba habendo moi boa recepción, vendo a xente que saía do cine. E cando estiven na rodaxe si que saimos moi contentas, pero non ves nada, tampouco. Ves o curro das compañeiras, e pensabas si que é unha cousa moi bonita; o ambiente era marabilloso, era proxecto moi ilusionante, moi bonito, con moitas mulleres traballando, algo pouco habitual no cine, con moita emoció… Pero vaia, este sorpresón noo levaba na cabeza.

  • QPC: Ti que fas na peli?

Teño un papel secundario, un personaxe que se chama Teresa, veciña da protagonista, María, unha das primeiras muleres que lle bota un cabo para que emprenda a súa fuxida.

  • QPC: Como se debulla esa “cadea de sororidade” que se xenera na peli?

Si, a peli vén sendo iso. Céntrase no personaxe de Janet Novás, unha matrona que se chama María, que ten que fuxir, e na súa fuxida vai atopando personaxes femininos que a van axudando.
O interesante da película son todos eses personaxes femininos e a relación que establece con eles. Un debuxo de diferentes mulleres e a súa diferente relación coa maternidade e a non maternidade, pero sobre todo centrando na sorodidade.

  • QPC: Cales son as claves da peli? Por que gaña unha Cuncha de Ouro?

Non lin aínda o veredito do xurado, pero a verdade é que a peli está moi ben feita, cunha moi boa foto, unha trama de 10 cunha feitura incrible.

  • QPC: Canta importancia ten un fito así para a nosa lingua, para ti que es firme defensora do galego só polo feito de crear sempre en galego?

O estado español ten varias linguas e semella no día a día nos medios de comunicacón que só ten unha, polo que se recoñezan ao mesmo nivel traballos noutras linguas é unha mostra de intelixencia, ás que o estado español non están moi acostumado.
Para os galegofalantes é unha maneira de recoñecer que todas as linguas son igual de capaces, non necesitas falar inglés nin castelán para que se recoñeza o seu traballo.
Debería incharnos de orgullo saber máis linguas que é símbolo de intelixencia, e as persoas intelixencias son máis bonitas. Hai que convencer a mocidade diso.

  • QPC: En clave poética e musiqueira, con que proxectos andas? Este verán vímoste percorrer o país con Aldaolado, non?

Ando con mil cousas á vez, con Lucía por aí con Aldaolado, preparando cousas para facer novos concertiños, e presentar eventos; escribindo un guión para producións Excénticas, que xa fixemos Pirolíticos para eles e agora toca algo para público familiar que estará pronto rulando. E bueno, eu sempre escribo poesía, é algo que non me custa, aproveito algún oco. E hai algún proxecto máis por aí.

  • QPC: Hai que diversificar, supoño porque vivir da cultura a estas alturas parece unha heroicidade…

Todo isto o fago por non traballar (risas), por non ter que facer unha oposición, que é ben máis difícil. Pero non, non é doado vivir da cultura, pero é unha aposta. Necesitas moitos vértices, non só se vive de dar obradoiros, de escribir poesía, de dar concertos… tes que ofrecer un abano de actividades vinculadas coa cultura.
Agora ando con Aldaolado dando concertos, presentamos galas, escribimos guións… e imos campeando. Non é o mesmo que ser mestra e ter un soldo fixo, pero bueno, que todas as profesións son difíciles.

Pero a verdade estou contenta, ao final acabas en proxectos moi bonitos e moi emocionantes como esta participación na peli; escribir para unha compañía histórica… choios cos que non te fas millonaria, pero traballas co outra xente, en colectivo, e son experiencias moi intensas. E é unha maneira de vivir así porque estou aprendendo cousas todo o rato. E é variado.

 
Maria Lado co poeta Daniel Landesa na estrea no Cortocircuito
María Lado co poeta Daniel Landesa na estrea no Cortocircuito

Novas relacionadas

Comentarios