O EFA-Fonteboa organiza un curso de horticultura

O próximo 2 de outubro ponse en marcha un curso de horticultura e floricultura dirixido a todas aquelas persoas interesadas na materia. Impartirase en horario de 10 a 14 horas e terá unha duración de 600 horas (260 horas de formación teórica, 340 de formación práctica e 40 horas de prácticas en empresas). Os principais obxectivos deste curso é favorecer o autoemprego na horticultura e adquirir unha cualificación profesional para o emprego por conta allea. O curso é gratuito para as persoas desempregadas. Os interesados en inscribirse deben dirixirse as oficinas de emprego ou no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (981 733 051).  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)
  • EFA-Fonteboa