Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite

Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite

Non paran os alumnos do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, e se non ollen este par de vídeos que teñen preparado para este Nadal, un coas actividades do trimestre, e outro para ver o atentos que están nos exames.

Sacando valor engadido

Curso de valorizacion do Leite no EFA Fonteboa

Pero xa non teñen tempo para descansa. Comeza 2015 cheo de actividades, cunhas Xornadas de Vacún de leite, un curso de valorización do leite, e un completo programa ata finais de febreiro.

Importantes estas citas formadoras, para reincidir na importancia do valor engadido. En Galicia temos un produto de primeira calidade pero o que nos leva pasando todos estes anos é que non lle sacamos o valor engadido e polo tanto, vendemos o produto bruto para que outros saquen o maior beneficio. De aí que o curso de elaboración de queixos, no que aínda algunhas prazas disponibles para profesionais interesados, sexa tan interesante.

Unha vez máis, enviamos os nosos parabéns ao centro coristanqués e nos preguntamos como non hai máis centros de formación rural na Costa da Morte.

Programa de actividades xaneiro e febreiro 2015 no Efa Fonteboa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios