Venres. 26.04.2024
El tiempo

A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte

A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte
Agricultura Ecoloxica na Costa da Morte

Como nos gusta ver que proxectos relacionados coa agricultura ecolóxica se van afianzando. Pouco a pouco, este xeito respectuoso de ver a vida vai collendo máis e máis influencia na zona, e a forma tradicional de traballar a terra vai adoptando pequenos hábitos que a convirten en ecolóxicas. I é que pouca diferencia hai entre os tomates da señora Mucha, labrega de sempre, e os do señor Xosé, xa con selo ecolóxico. Pero eses detalles hai que telos en conta.

Hoxe facemos un percorrido dende Quilmas, a capital ecolóxica da zona, pasando por Fornelos, Cerqueda, Ponteceso, Coristanco e Carballo, e se coñecen máis iniciativas semellantes, non dubiden en facérnolas chegar.

Quilmas segue medrando

Posto de Agricultura Ecoloxica no Mercado de Quilmas

Temos que comezar por Quilmas (Carnota), onde os bravos da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa seguen medrando. A pesar dos incendios, conseguiron erguerse e veñen de dar un salto abrindo a tendiña da Raínha Lupa, onde atoparedes hortalizas de tempada da cooperativa. Dende esta semaa están á vosa disposición os nosos froitos cultivados "in situ" e recén colleitados. A tenda está en Quilmas, nos invernadoiros da Estrada Xeral (N-550) s/n, aberta de luns a sábado, cun horario de 10 a 14h.

Esta semana teñen patacas, allos, cebolas, cenoiras, leituga batavia, pemento padrón, pemento morrón, xudía manteca, cabaciños, pepiños brancos, tomates cherry, tomate negro, raf, tomate de ourense, aromáticas, acelgas. Tamén porán en breve a venda produtos ecolóxicos coma queixos e leite, aceites, mel, etc…

Un dos servizos que mellor funcionan son as cestas a domicilio. Por exemplo, os mércores fan reparto de cestas pola banda de Fisterra, pasando por Cee e Corcubión. Se estades interesad@s en recibir un surtido de hortalizas a escoller (teñen produtos en función da temporada, por suposto, agora con tomates, cenouras, pementos, acelgas, espinacas, cebolas, allos, patacas, pepiños, cabaciños, remolachas...) contactade con eles no seguinte nº tlfno: 606 28 70 15.

Primeiros mercados ecolóxicos de Fornelos

Posto ambulante ecoloxico en Fornelos

A pasada fin de semana tiña lugar en Fornelos, Zas, o primeiro mercado ecolóxico. A iniciativa, que pretende continuar durante todos os sábados de agosto, levouna cabo un rapaz, Felipe Allo, que montou fai uns anos o seu propio invernadero e cultiva el mesmo baixo o paraugas do O Recuncho do Foxo.

Un Ecomercado que se fará durante os sábados de agosto a partir das 17:00h.

A Croa do Castro, en Cerqueda

Berenxenas ecoloxicas da Croa do Castro-Cerqueda

Segue medrando o proxecto dun par de rapaces de Cerqueda, no lugar da Lagoa, na Croa do Castro. Unha horta ecolóxica que coida Víctor Suárez González, que forma parte do proxecto Granxa Familiar.

Máis granxas familiares na Costa

A zona de Bergantiños é prolífica, e vemos como varias casas están adheridas ao proxecto Granxa Familiar. Falamos por exemplo da Casa da Aldea, que Imperio Corredoira coida en Coristanco. Tamén nese concello temos a Casa Bustelo, que traballa José Antonio en Bustelo, Valenza. Ou ata o Agro do Cruceiro, en Serra, tamén en Valenza, da man de Dolores.

Podemos ir tamén a Xornes, Ponteceso, para ver e degustar os tesouros da Casa dos Caseiros.

Formación ecolóxica

Alumnos do Fonteboa no Mercado de Carballo co Proxecto Sabor Emprendedor

Non podemos falar de agricultura ecolóxica sen mencionar ao único e incomparable Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa. Unha pasada o que fai este centro dende Coristanco para todo Bergantiños, non só formando nas aulas, senón tamén na propia horta, no cultivo, e máis na venda, facendo que os rapaces leven os seus produto ao mercado de Carballo.

Sempre dende unha visión exemplar, respectuosa co medio ambiente e fomentando o interese dos nosos mozos polo campo, un dos nosos motores.

Os peques de Carballo

Impresionante a proposta da Escola da Herba no Horto Infantil Ecolóxico de Carballo. A través de Turismo Carballo podemos falar co mestre, José Canesa, sobre como se está a desenvolver este pioneiro proxecto, que vai de maiores a pequenos, e viceversa. Porque o entusiasmo e a ilusión dos pequenos labregos trasmítese para que as xentes do redor

Unha das ideas máis modernas, o cultivo pacas en palla.

A PequeHorta Ecoloxica de Carballo planta en alpacas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios