O POS Único da Deputación deixa 16,5 millóns na comarca
Fai balance a Deputación do que supón o Plan Único na Costa da Morte. E contabiliza un total de 16,5 millóns para os concellos costeiros
Se ben a partida de investimentos é a máis cuantiosa, a Deputación pon en valor os case 3 millóns adicados ao gasto social derivado do COVID. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 40.291 euros de Corcubión e os 384.932 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.
Nese sentido, Concellos como Carballo, A Laracha, ou Vimianzo o destinan ao reforzo dos servizos de axuda no fogar. Outros como Muxía centran a axuda no financiamento de persoal municipal da área de servizos sociais.
Entre os investimentos, cómpre salientar os 687.472 euros dedicados á rede de abastecemento de auga no núcleo Pedra do Sal (Carballo), os 162.374 euros para beirarrúas na Silva e acceso a un centro educativo en Cerceda, os 264.615 euros para a reurbanización da avenida de Erbecedo da Torre ata A Braña (Coristanco), os 191.506 euros para a cuberta do Mercado Municipal de Malpica, máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.
CONCELLO | GASTO CORRENTE |
INVESTIMENTOS | PAGO A PROVEDORES |
REDUCIÓN DÉBEDA |
GASTO SOCIAL COVID 19 |
POS+ ADICIONAL |
TOTAL |
CABANA | 99.966,01 | 350.359,46 | 133.157,24 | 237.780,79 | 821.263,50 | ||
CAMARIÑAS | 268.638,97 | 38.968,75 | 99.193,17 | 177.130,67 | 583.931,56 | ||
CARBALLO | 635.138,39 | 626.941,33 | 384.932,35 | 687.379,21 | 2.334.391,28 | ||
CARNOTA | 31.478,37 | 221.802,32 | 103.356,63 | 184.565,40 | 541.202,72 | ||
CEE | 198.841,19 | 213.371,85 | 120.509,81 | 215.196,09 | 747.918,94 | ||
CORCUBION | 66.480,74 | 78.172,88 | 40.291,36 | 71.948,85 | 256.893,83 | ||
CORISTANCO | 430.934,42 | 183.201,13 | 327.144,87 | 941.280,42 | |||
DUMBRIA | 69.954,42 | 278.446,44 | 138.314,70 | 246.990,53 | 733.706,09 | ||
FISTERRA | 102.737,25 | 95.302,60 | 77.330,96 | 138.091,00 | 413.461,81 | ||
LARACHA | 334.677,07 | 329.535,06 | 202.834,58 | 362.204,62 | 1.229.251,33 | ||
LAXE | 75.418,00 | 120.263,77 | 77.333,35 | 138.095,28 | 411.110,40 | ||
MALPICA | 56.425,94 | 366.637,50 | 59.531,43 | 113.485,52 | 202.652,72 | 798.733,11 | |
MAZARICOS | 319.413,83 | 422.616,06 | 193.584,14 | 345.685,96 | 1.281.299,99 | ||
MUROS | 373.034,70 | 29.360,38 | 139.953,11 | 249.916,27 | 792.264,46 | ||
MUXIA | 66.796,28 | 400.835,49 | 157.126,94 | 280.583,81 | 905.342,52 | ||
PONTECESO | 0 | ||||||
SANTA COMBA | 17.515,75 | 752.576,66 | 251.566,18 | 449.225,32 | 1.470.883,91 | ||
VIMIANZO | 356.075,45 | 347.215,60 | 215.803,30 | 385.363,04 | 1.304.457,39 | ||
ZAS | 281.787,83 | 193.786,11 | 170.780,51 | 304.965,18 | 951.319,63 | ||
TOTAL | 2.712.706,52 | 5.506.529,65 | 452.833,38 | 38.968,75 | 2.802.754,98 | 5.004.919,61 | 16.518.712,89 |