O POS Único da Deputación deixa 16,5 millóns na comarca
Fai balance a Deputación do que supón o Plan Único na Costa da Morte. E contabiliza un total de 16,5 millóns para os concellos costeiros
Se ben a partida de investimentos é a máis cuantiosa, a Deputación pon en valor os case 3 millóns adicados ao gasto social derivado do COVID. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 40.291 euros de Corcubión e os 384.932 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.
Nese sentido, Concellos como Carballo, A Laracha, ou Vimianzo o destinan ao reforzo dos servizos de axuda no fogar. Outros como Muxía centran a axuda no financiamento de persoal municipal da área de servizos sociais.
Entre os investimentos, cómpre salientar os 687.472 euros dedicados á rede de abastecemento de auga no núcleo Pedra do Sal (Carballo), os 162.374 euros para beirarrúas na Silva e acceso a un centro educativo en Cerceda, os 264.615 euros para a reurbanización da avenida de Erbecedo da Torre ata A Braña (Coristanco), os 191.506 euros para a cuberta do Mercado Municipal de Malpica, máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.