O PP de Bergantiños vai tomando o pulso ás eleccións municipais de 2027
Ata Coristanco achegáronse representantes do PP de toda a comarca de Bergantiños para manter unha reunión estratéxica de cara ás vindeiras eleccións municipais de 2027. Coordinada polo presidente, Diego Calvo, o Secretario Xeral da súa formación na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de Organización e Territorio, Gonzalo Trenor, participaron representantes da súa formación nos concellos de Carballo, Laracha, Coristanco, Malpica, Laxe, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
“Quédanos un ano de moito traballo, un ano de máximo esforzo para que en maio do 2027 poidamos celebrar uns grandes resultados do Partido Popular nos 93 concellos da provincia da Coruña”. Así de claro mostrouse o presidente popular. “Estou seguro de que os imos a conseguir. De que os veciños de toda a provincia saberán valorar o traballo que están a facer os nosos alcaldes, pero tamén o que están a facer os que agora son os nosos voceiros e que o próximo ano serán alcaldes”, apuntou Calvo.
Afirmou que pronto "o PP dará a coñecer os candidatos nos 93 municipios. Iso non o poden dicir outras formacións. Presentaremos aos mellores”, dixo Calvo, quen insistiu en que, á marxe dos cabeza de lista, o máis importante é “contar con grandes equipos”.
Calvo aproveitou para falar do goberno central e para criticar ao BNG por "ser cómplices e partícipes dunha situación que non se pode tolerar”.