Presentan o proxecto Rimartes

Manuela Oviedo Hermida, xerente do GALP Costa Sostible

Presentábase onte no Hotel Faro Lariño un novo proxecto desenvolto polos GALP de Costa Sostible, Costa da Morte e Golfo Ártabro Sur. Un proxecto de posta en valor do patromonio subactuático que temos no noroeste galego, que englobaría 300 km de costa entre Sada e Porto do Son.

Soa necesario, este proxecto "RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo”, unha vez que levamos máis de 30 anos solicitando unha infraestrutura que nos permita aproveitar en terra os tesouros do noso mar.

Un proxecto que nace coa idea de potenciar o turismo experiencial, pero que esqueceu nos inicios a boa parte dos axentes implicados, como as confrarías, produtoras comprometidas coa nosa terra ou centros de buceo referentes na materia.

Xa levan 3 meses de traballos de recompilación de información e catalogación dos naufraxios, para o que crearán folletos promocionais, mapas impresos e en PDF das rutas emocionais, vídeos, fotos submariñas dos pecios e dos barcos naufragados, web en varios idiomas ou perfís en redes sociais… Durante 2022 tamén se traballará coa hostalería do territorio para involucrala con distintas accións como concursos en redes sociais.

Ademais, aseguran que volverán organizar viaxes de benvida, famtrip, con medios especializados, e outra con axencias turísticas, para que coñezan ben o produto propio. Eses propios axentes turísticos tamén estarán convidados a varios seminarios sobre paquetización, e tamén se fará un foro temático en cada territorio GALP que será retransmitido a través dun medio de comunicación.

Novas relacionadas