Luns. 21.10.2019
El tiempo

Estragando unha gran ocasión co esfolado Museo Seo de Corcubión

Estragando unha gran ocasión co esfolado Museo Seo de Corcubión
O Museo Seo de Corcubión cae a cachos O Museo Seo de Corcubión cae a cachos ¨É unha pena porque un museo dese calibre sería unha perfecta opción para convertirlo nun referente do patrimonio subacuático a nivel nacional, e sería un punto de inflexión para Corcubión. Pero a verdade é que está sendo como darse de cabeza cas paredes”. Así fala o alcalde de Corcubión do deteriorado Museo Seo de Corcubión, que parece entender as palabras que nos daba o arqueólogo Miguel San Claudio: ”Ogallá os responsables políticos sexan conscientes do que teñen co patrimonio náutico e subacuático da Costa da Morte e lle saquen partido”. Peron cómpre non esquecer que se trata dun patrimonio privado, e “é complexo para as administracións facer un investimento tan grande como o que fai falta para algo que é privado”, recoñece o propio Lalo Insua. “Dende o Concello estamos vixiantes e imos facer todo o posible para mantelo aquí, pero é complicado. Puxémonos en contacto con entidades para intentar convertelo en patrimonio público, aproveitando algunha subvención europea, e falando coa Deputación, que en 2016 amosou o seu interese”. Pero a realidade é que a día de hoxe as administracións non saben absolutamente nada do estado do museo. “Agora mesmo non sabemos nin como está, quen a xestiona, nin que pezas ten…”, recoñece o propio alcalde, que nin sabe a ciencia certa en mans de quen está. “A Xunta deulle a concesión e moitos fondos para manter o museo á Neria, e aí foi cando tiña que ter amarrado mellor a cousa”, lamenta a ocasión perdida mentres o museo segue esfolándose. “Polo que eu sei, non hai intención ningunha de recuperala”, lamenta Insua.

Esfolado… ou desmantelado?

Estado do tellado do edifio Museo Seo de Corcubión Estado do tellado do edifio Museo Seo de Corcubión Hai unhas semanas que varias furgonetas sacaban varias pezas do museo. Ata para o propio alcalde foi difícil descubrir que acontecía e mesmo tivo que poñerse en contacto coa Consellería de Cultura para saber que se trataba dunha cesión de varias pezas para unha exposición que se vai realizar no Museo do Mar de Vigo nalgunha data de 2019. Pero a realidade é que a falta de mantemento está deixando en ruínas o que foi un museo espectacular. De feito, esta semana apareceron varias tellas que escorregaron do tellado do museo no paseo marítimo. “Que casualidade”, pensaron algúns veciños, ao ver como “nun mes primeiro expolian o museo quitando pezas valiosas, e despois comeza a caer abaixo o tellado”. “Que é o seguinte, tiralo abaixo e urbanizar?”, pregúntanse na vila de San Marcos. Parece que a opción de urbanizar non é viable, pois os propietarios xa teñen presentado un Plan Especial (PERI) para esa parcela, e só está contemplado urbanizar na parcela de arriba do museo, non hai ningunha proposta para tocar as edificacións vellas, explícanos o alcalde. Museo Seo de Corcubion caen as tellas 3

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/ogalla-os-responsables-politicos-sexan-conscientes-do-que-tenen-co-patrimonio-nautico-e-subacuatico-da-costa-da-morte-e-lle-saquen-partido/

Novas relacionadas

Comentarios