Venres. 26.04.2024
El tiempo

Non ao Museo subacuático da Costa da Morte

Non ao Museo subacuático da Costa da Morte

Vigo será sendo a sede da arqueoloxía submariña de Galicia. Así o afirmaban onte fontes da Xunta, asegurando que descartan a construción dun novo centro de interpretación dos naufraxios. Algo que tralos últimos achádegos en forma de pecios nos fondos das augas da ría de Corcubión, parecía unha boa oportunidade para a bisbarra, de cara a albergar un suposto Centro de Arqueoloxía Subacuática de Galicia.

A nivel galego, e tras asegurar o Conselleiro de Cultura Rey Pichel, que "non estamos para novos centros de interpretación", as respostas políticas son dispares. Se polo PSOE lembraron que o Libro Verde do Plan de Protección do Patrimonio Subacuático é a creación dun Centro; dende o BNG quedaron criticando que o goberno actual ignora "deliberadamente" as accións do bipartito neste eido.

Por que non no Museo Marítimo Seo de Corcubión?

Precisamente, a raíz desta nova, Manuel Rodríguez Rego, apúntanos polo Facebook a posibilidade de utilizar algún dos museos da zona para albergar estes tesouros subacuáticos. Un exemplo, o desanxelado Museo Marítimo Seo de Corcubión, en mans da Asociación Neria, podería ser un espazo idea para acollelos, e de paso, recibir unha man rehabilitadora para evitar que semellante edificio non se derrube.

Protestas dende o BNG fisterrán

Na Costa, o único grupo que alza a voz para meter presión e incitar á Xunta a reclamar o patrimonio subacuático na nosa bisbarra. O BNG xa presentou no pleno unha moción, que saíu aprobada por unanimidade, conforme o Concello pedira que o legado subacuático sexa para o concello fisterrán.

Vídeos dos pecios

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis novas de naufraxios

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios