As receitas de Estrela: mexilóns en escabeche de Casa Peto

Un vernes máis percorremos nosa gastronomía coas As Receitas Estrela que cada venres nos trae Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Hoxe facemos parada en Casa Peto de Outes, no Cruceiro de Roo. 

Aberto no ano 1950 por Madriña Lola e avoa Lola, Casa Peto Outes leva máis de medio século de testigo mudo da evolución do que en tempos foi centro de ocio do Concello de Outes, o Cruceiro de Roo.

Hoxe coñecemos a receita dos seus mexilóns en escabeche Leocadia.

Ingredientes:

  • 1 kg de carne de mexillon cocido limpo, 600 ml de aceite de oliva, 200 ml de vinagre, laurel e una cucharada de pimentón

Preparación:

  • Poñemos a quentar o aceite de oliva co laurel, retiramos e deixamos templar
  • Mezclamos o vinagre co pimentón
  • Una vez esté o aceite templado mezaclamos co vinagre, incorporamos os mexillons e poñemos de novo a ferver 
  • Deixamos enfriar

Casa Peto comezou sendo a típica taberna ultramarinos do rural galego, funcionando tamén coma unha pequena casa de comidas para a xente que acudía ao baile, cines e casinos.

Co paso do tempo ampliou comedor para ser recoñecido como restaurante de eventos pero sempre coa esencia de casa de comidas tradicional e pensión. Sen perder nunca a identidade de negocio familiar coa tradición, a calidade humana e de produto como elemento diferencial, sufre unha remodelación integral a inicios de siglo para darlle o aspecto actual. Hoxe ao fronte están Lolita, Noelia e Carmiña, facendo que as promotoras primixenias se mostren orgullosas da evolución da empresa.