As receitas Estrela: O pinto curado da Muradana
Situado na que hoxe é a fachada marítima de Muros, a un paso do porto con máis sona da Ría de Muros Noia e, en pleno casco histórico desta vila mariñeira, A Muradana Hotel Restaurante, é a terceira creación de tradición hostaleira. Hoxe tráenos un dos máis aprezados peixes da ría, o pinto e unha das recetas estrela do seu restaurante, o pinto curado:
Ingredientes:
- Sal
- Zucre
- Rayadura de limón
- Follas de menta
- Fiunchos
- Pimentón
- Pimenta negra
Elaboración:
Unha vez que o peixe estea limpo, quitámoslle dous filetes sen espiñas. Marinámolo coas herbas e as especias e reservámolo. Nun bol, mesturamos azucre e sal a partes iguais cun chorriño de vodka. Facemos unha cama coa mestura de sal e azucre, colocamos o peixe marinado nela e cubrimos co sal e o azucre. Deixámolo curar durante dez horas no frigorífico. Para rematar, limpámolo ben con auga corrente, secámolo e cubrímolo con aceite de oliva virxe. Servimos cortándoo en rodajas moi finas.
Bo aproveito!
Máis receitas Estrela
- A tarta de mazá de Casa do Zuleiro
- O Pan brioche de gambas con mollo de curry e mango do Restaurante O Entra.
- O Arroz de pulpo do Taboleiro.
- As ameixas á mariñeira da Casa Amanda.
- O biscoito de Matilde dos Apartamentos rurais de Abelleira.