A revista estatal Ejecutivos premia a Promoción Turística de Jesús Picallo

Jesus e Jacinto Picallo recibindo o Premio Ejecutivos a Promocion Turistica copia

Esta mesma noite, 4 de xullo, a Revista Ejecutivos entrega os seus XI Premios a nivel Galicia. O Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo) acollerá unha cita na que a revista estatal recoñece o labor de empresarios de gran valor para a nosa economía. O único representante da Costa da Morte será o vimiancés Jesús Picallo, que recibirá o premio á Promoción Turística.

A revista valora o seu traballo de promoción da nosa terra, posicionando a Costa da Morte como destino mundial, gracias á posta en valor do Cabo Fisterra a través do Hotel Semáforo de Fisterra, o mascarón de proa do turismo da bisbarra.


Picallo durante a inauguración do Semáforo de Fisterra en 2017 con Xosé Regueira, Jose Marcote e Nava Castro

Pero tamén valora a dinamización social e laboral da contorna, pois a día de hoxe xa son unhs 60 persoas ao seu cargo, entre NCC Galicia, S.L. (New Concepto Channel), Turismo de Faros, S.L. e Vodafone, precisamente o pioneiro proxecto de instalación de telefonía móbil na Costa da Morte, que se chamou Videoláser, que o tanto fixo medrar como empresario.

Picallo xa sabe o que é recoller premios, como o Premio Gazela da Zona Franca de Vigo, ou o recoñecemento de Coca Cola no seu 65 anversario en España. Ademais, foron protagonistas dun programa de televisión, que levou o noso cabo a milleiros de fogares de toda España.

Ademais, como compromiso ca súa terra, a revista destaca o seu traballo como presidente a Asociación Solpor, e como membro do Cluster de Turismo de Galicia.

Novo Hotel na Punta Insua de Lariño

Non para Picallo, e xa está armando outro novo proxecto. Dende o pasado febreiro de 2018 concedida a adxudicación provisional para facer un hotel no Faro de Punta Insua, en Lariño, Carnota. Será un hotel con encanto, dando vida a un lugar de máxima beleza.


Jesús Picallo cun dos Premios da Gala do Fútbol da Costa que sempre patrocina o Semáforo

Novas relacionadas