Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Faro da Punta Insua abrirá como un novo hotel

O Faro da Punta Insua abrirá como un novo hotel
Faro de Larino O Faro de Lariño abrirá como hotel

Aló polo 2014 os veciños de Lariño uníanse para reabrir o Faro da Punta Insua. E pode que antes de que remate o ano xa poidan vlver a entrar. Será, iso si, un hotel, seguindo a estela do exitoso Semáforo de Fisterra, que xa conta a día de hoxe cunha ocupación altísima.

É o empresario da zona Jesús Picallo o que recibíu a concesión do concurso, aprobado onte pola Autoridade Portuaria. Agora depende das administracións, sempre máis lentas que o sector privado, pois a resolución aínda ten que pasar ata polo Congreso. Pero conta con que a obra estea rematada en menos dun ano. “Se podemos abrilo antes, farémolo antes”, asegura.

”A verdade é que vendo como funciona o Semáforo de Fisterra, cremos que cruzamos a ría, imos en fronte poñer en valor outro punto estratéxico como é Punta Insua, en Carnota”.

O Hotel seguirá os pasos do Semáforo, con 18 habitacións, unha tematización mariñeira da zona e unha hostalería pequena, que redundarán na creación duns cantos postos de traballo e dun novo punto singular de chegada de visitantes de alto nivel adquisitivo.

Os faros de Fisterra e Lariño unidos polos hoteis de Picallo Os faros de Fisterra e Lariño unidos polos hoteis de Picallo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios