Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O mascarón de proa da Costa da Morte ponse en marcha

O mascarón de proa da Costa da Morte ponse en marcha
Nava Castro durante a inauguracion do Semaforo Nava Castro durante a inauguración do Semaforo

A plana maior do sector turístico de Galicia achegouse ata a fin da terra para a (re)inauguración do Hotel O Semáforo, o “mascarón de proa” da Costa da Morte. Así o definiu un dos “culpables” deste proxecto empresarial que será unha das caras máis visibles da zona. Un proxecto que se puxo en marcha, en parte gracias á denuncias como a feitas por QPC no seu día, e que tal e como quedou poder servir de fantástica carta de presentación para cada visitante.

Jesús Picallo dando a benvida durante a Inauguracion do Hotel O Semáforo de Fisterra Jesús Picallo dando a benvida durante a Inauguracion do Hotel O Semáforo de Fisterra

Foi Jesús Picallo o que fixo de anfitrión recibindo á Directora Xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, ao responsable da área da Deputación, Xosé Regueira, ou ao alcalde de Fisterra, Pepe Marcote. Á cita non quixeron faltar representantes de todas as cores políticas e concellos da zona.

Picallo recordou que “o Semáforo non é só un centro hostaleiro, se non que é un dos emblemas da fin do mundo”. Púxolle poesía asegurando que “é como durmir nas nubes no medio do Atlántico”, pero tamén lle puxo prosa, e nada máis comezar esixiu das administracións que tiña invitadas máis comprimiso para solventar as carencias coas que se atopan os emprendedores. “Fan falta moitas cousaas, pero para exemplificar vou nomear unha soa e moi simpli: unha wifi potente, pois cada un que nos visita sube unha foto ás redes socias e iso é unha promoción totalmente necesaria que nos beneficia non só a nós, se non a toda a comarca”.
Tamén amosou a súa preocupación pola xestión do Faro fisterrán, un dos puntos máis visitados de Galicia que a día de hoxe non ten a atención necesaria.

Por parte da Deputación, Xosé Regueira tendeu a man ás administracións autonómica e local para traballar conxuntamente para que a xente chega a fin do Camiño.

Nava Castro agradeceu achegarse a un dos lugares “que nos axuda a posicionarnos a nivel internacional”. Lembrou que o sector turístico xera 11% do PIB de Galicia, e que de cada 100 traballadores, 12 son do sector (a mesma cifra de postos de traballo que xerará este proxecto en temporada alta).
A maior responsable do turismo galego deu datos de incidencia da zona Fisterra-Muxía, asegurando que entre muxianas e fisterranas son máis de 50.000 peregrinos os que chegaron á zona, datos que, en todo caso, non teñen en conta as visitas reais que chegan á zona, que deben ser máis obrigatoriamente. Iso si, destacou que máis do 55% dos peregrinos son internacionais (en Santiago non chegan ao 40%) sendo de ata 178 nacionalidades distintas.
Recordou que nos visitan por “natureza e gastronomía”, e que este Camiño repercute positivamente na “redistribución da riqueza, fomentando o emprendemento local e actividade económica”.

Tamén recoñeceu o gran potencial dos faros como reclamo turístico e polo patrimonio natural que os rodean, sendo a gran aposta deste ano a Rede de Miradoiros de Galicia, no que estará o Faro fisterrán.

”Tendes unha xoia”, sinalou instando a coidala ao tempo que asegurou que a Xunta vai seguir colaborando coa CMAT. Ademais dixo que xa están pensando no Ano Santo do 2021.

Rematou o acto o alcalde socialista Pepe Marcote, que recoñeceu que “somos un pobo especial, que ten un reto que nos leva a esixirnos moito, pois temos centros de miradas sempre enriba de nós. A xente nota o cariño que nós temos pola nosa terra e iso é oi bo. Temos que xestionar ben o noso turismo”. Ademais, Macote fixo incidencia na necesidade da formación hostaleira na zona.

Asistentes a inaguracion do Faro Fisterra Asistentes a inaguracion do Semáforo de Fisterra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios