“Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”

Concentración contra a violecia machista en Carballo-Foto-RebelionAluminio

Xa o deixaron claro. ”Non gardamos minutos de silencio”, e “Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”. Así, a pasada noite de lunx 10 de febreiro, os colectivos feministas da Costa da Morte volveron saír á rúa para amosar a súa repulsa ante os dous novos asasinatos machistas acontecidos esta fin de semana, nos que perderon a vida Clara María Expósito en Lugo e a Ana en Granada.

A Asociación Sonlilá en Carnota, o Concello en Carballo, a organización Buserana en Cee e as Curandeiras en Vimianzo convocaron sendas concentracións ruidosas, para denunciar que xa van ”nove mulleres e unha nena en pouco máis dun mes. É tanta a dor e a raiba que costa expresalas”, pero onte demostrárono con varios minutos de ruídos e aplausos.

Concentración en Carballo

Concentración en Cee

Concentración en Carnota

Concentración en Vimianzo

Novas relacionadas

Artigos de Sonlilá