Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Os 4 colectivos feministas da comarca convocan a todas as mulleres a un Encontro Aberto para organizar o 8M

Esther de Buserana, Marta das Curandeiras, Inés do Círculo e Marupe de Sonlilá participaron, xunto coa xornalista Paula Castiñeira (QPC) na Tertulia Violeta da radiONeria o pasado mes de novembro

O pasado mes de novembro prendíase unha chispa de unidade na radiONeria. A emisora municipal de Corcubión acollía unha Tertulia Violeta entre os 4 colectivos feministas da Costa da Morte. Unha semente que serve para que este 8 de marzo se organice de xeito conxunto.

Así, este pasado sábado, representantes dos colectivos Sonlilá de Carnota, Buserana de Cee, Curandeiras de Vimianzo e Círculo Feminista de Carballo, mantiñan unha reunión. A primeira proposta é abrir a convocatoria a todas as mulleres que queiran participar activamente na organización do Día da Muller da Costa da Morte, por iso convocan un Encontro Aberto de Galegas 8M para organizar as actividades arredor do 8 de marzo e a manifestación conxunta.

Ademais, teñen pensando artellar unha viaxe a Verín o 1 de marzo.

cartel

Novas relacionadas

comentarios