As sanitarias da Costa da Morte tamén lle berrarron á Xunta contra a precariedade laboral
30 de xuño de 2020 (09:46 h.)
Este pasado sábado sanitarias de todo o país acodiron a Santiago para seguir loitando pola "estabilidade laboral" na sanidade pública. Cos conflitos abertos dos Sanitarios.Parados.Obrigados e as Enfermeiras Eventuais en Loita, os sindicatos mobilizaron máis dun milleiro de profesionais fartas de estar enganchando contratos precarios. Xa que ata un 40% do traballo destes sectores no SERGAS é eventual
Enfermeiras e celadores (non faltaron as representantes da Costa da Morte) preguntáronse “onde están os aplausos” e amosaron o seu rexeitamento as portas de San Caetano.
E ata aqui chegaron!
Novas relacionadas
- As sanitarias máis veteranas piden respecto ás listas de contratación ante a renovación dos Reforzos do COVID-19.
- Un ano, un día, unha vida pola Enfermería
- As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación.