Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación

Enfermeiras Eventuis en Loira en Novembro 2019
Enfermeiras Eventuais en Loita o pasado novembro manifestándose contra a precariedade laboral o pasado mes de novembro
As Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian que o Sergas aproveita para precarizar máis a contratación

O pasado marzo suspendían as mobilizacións da súa campaña de protesta #12meses12causas. Pero a que non cesa é a administración, que segue aumentando aínda máis a precarización do sector sanitario a pesar desta crise sen precedentes.

Así o denuncia o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita de Cee, que asegura que “O Sergas aproveira para empeorar aínda máis o sistema de contratación precaria”. Unha denuncia que xa fixeran o pasado mes de novembro, pero a situación nada cambiou, e de feito continúan co mesmo sistema de avisos case no momento de se incorporaren e asignación de carteleiras un día antes de comezar o contrato ou incluso no mesmo día.

”No Servizo Galego de Saúde continúa sen existir unanimidade nas contratacións nos diferentes distritos”, explican. “O Sergas aproveitase da posibilidade de renovar a xente que está con contrato, saltando a orde das listaxes de contratación. E sen informar adecuadamente ás suas traballadoras, que dous días antes (hoxe as 12 da mañá) seguíamos sen saber onde e como, ou se traballaríamos durante o vindeiro mes”.

”Mentres, outras profesionais con Acúmulo de Tarefas que desempeñamos a nosa labor en plantas COVID, aínda non nos comunicaran como e cando iamos traballar o mes de Maio. Non falamos soamente de persoal de reforzo senón de profesionais que estamos cubrindo ocos libres. Á última hora da mañá moitas compañeiras seguíamos sen saber o noso futuro, e outras estabamos a ser renovadas despois de que onte se nos dixese o contrario”, explican.

Por iso, dende “EEEL voltan “esixir transparencia e coherencia, estabilizacion de prazas, respeto á orde das listaxes e igualdade e transparencia.

Enfermeiras en tempos de covid-19

12 meses 12 causas

Comentarios