#coronavirus

Solicitan material de limpeza do Prestige para o Hospital de Cee

Proteccion Civil de Carnota xa levou unha marea de material ao Hospital Virxe da Xunqueira

Os Concellos de Fisterra e de Cee, ademais de diferentes profesionais dos Hospital Virxe da Xunqueira, están facendo un chamamento polas redes ante a escaseza de material sanitario do centro sanitario ceense (aseguran que isto non quere dicir que haia máis casos positivos, en todo caso).

Así, piden a particulares, ferreterías, bazares, tendas, confrarías, concellos… para que fagan entrega de calquera material do que dispoñan, tales como batas/fundas/monos desbotables, “mascarillas”, luvas, pantallas de seguridade…
Lembran, por exemplo, aquelas batas brancas do Prestige que poden seguir gardados nos faiados, e que poden ser de moita axuda nestes días de crise sanitaria polo coronavirus.

Poden poñerse en contacto cos concellos (Fisterra no 981 740 001; Cee no 981 74 51 00) para recollelos e trasladalos tanto ao Hospital ceense como para o PAC de Vimianzo.

Por outra banda, o Concello xunto a Cruz Vermella e a Unidade Pastoral de Cee puxo en marcha un programa de voluntariado dirixido a maiores ou persoas en situación de especial vulnerabilidade para atender as necesidades básicas como a compra de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade. As persoas que o necesiten poden poñerse en contacto de luns a venres e de 9.00 a 13.30 horas chamando ao teléfono 981 74
51 00. Fora deste horario aos móviles 663 52 32 50; 663 52 32 05; 663 52 32 06

Carnota, a primeira en colaborar

O Concello de Carnota foi o primeiro en reaccionar, e a través de Protección Civil e a Policía Local xa puxo disposición do centro sanitario ceense todo este material recuperado dos galpóns municipais dos tempos do Prestige: 4.000 paquetes de calzas e gorros; 120 fundas; 30 EPIS con funda, pantalla, máscara e guantes; 100 máscaras FFP2; 1.050 pantallas de protección de diferentes modelos e 200 pares de guantes de plástico.
Asía mesmo continúan recollendo material da veciñanza.

 

Novas novas do Coronavirus