Venres. 29.03.2024
El tiempo

“A Costa da Morte xa case estaba pechada a nivel turístico”

Como afrontan @s hostaleir@s a crise do coronavirus?
Hoteis pechados na Costa da Morte
“A Costa da Morte xa case estaba pechada a nivel turístico”
Este martes o goberno estatal anunciaba a suspensión de apertura ao público de establecementos de aloxamento turístico. O sector turístico sofre así un varapao que xa estaba sendi practicamente efectivo, como xa nos contaban as tres patronais hostaleiras durante a fin de semana.

Queremos falar con varios hostaleiros da zona, obrigados a manter efectivo o #ficonacasa, para ver como afrontan esta crise sanitaria e económica.

  • QPC: 1.- Como vai afectar o peche dos establecimentos ao sector hostaleiro da Costa da Morte?
  • QPC: 2.- A nivel laboral, como afrontades a situación?
  • QPC: 3.- Credes que perderemos tamén o verán?
  • QPC: 4.- Confiades en que as axudas que está anunciando o goberno paliarán parte da crise do sector?
 

Pablo Canosa, As Eiras de Lires

1.- Todo depende do tempo que dure. Pero visto o visto, o mínimo vai ser un mes. Fóra deso, o peche xa estaba sendo case efectivo, porque o peche de fronteiras xa provocou unha cascada de cancelacións continuas. Esta suspensión vén reforzar ese peche de fronteiras, e a ver o que se prolonga.
A hostelería vaino notar moito, e como a maior parte da hostalería da zona está conformada por autónomos e pequenas empresas PYMEs, e dado as novas do goberno central sobre os autónomos non son o que esperaba o sector, imos estar máis perxudicados.
.

2.- ERTES na maioria dos casos, supoño, pero os autónomos teremos que pechar actividade.

3.- A incertidume é moi alta, non existe un precedente de situación similar. Observando a evolución da situación noutros paises non augura cambios significativos de cara a situación estival. Quizás se note máis no outono.

4.- No tocante as axudas comunicadas polo Goberno, creo que de momento son nefastas, para a estrutura turística de Costa da Morte, que está formada na súa maioría por pequenos autónomos e PYMEs ee polo tanto seremos máis perxudicados  

 

Ricardo Darriba, Hotel Oca Insua de Cee

1.- Pois todo depende do que se prolongue, pero vai ser bastante duro debido a epoca do ano na que se produce, xa que aparte de perder a semana santa tamen se estan cancelando moitas reservas do mes de maio, que tradicionalmente e un mes moi bo, debido o cliente tipo que e estranxeiro, de poder adquisitivo alto

2.- A nivel laboral o que estamos facendo e estudar as diferentes opcions para que os empleados pasen a cobrar do estado, xa sea por ertes ou por fin de chamamento os que teñen contratos de fixos discontinuos.

3.- O do verán todavía é unha incognita, pero o que está claro e que en Costa da Morte, a nivel turistico, non dura mais alo de 40 dias, asi que o final tampouco vai a ser a solución a economia das empresas que xa teñen un número de empleados por encima de 10 ou 12. A miña opinión e que este ano xa esta perdido e intentaremos solucionalo da mellor maneira posible, pero sen grandes expectativas.

4.- En canto as axudas que esta anunciando o goberno, opino que hai que ser realistas e tomar estes temas con cautela, xa que esta situacion e moi complicada e hai que asumir que non hai diñeiro para todos, e tamen decir que somos pequenas empresas nunha esquina maravillosa de españa chamada costa da morte, as que case nunca se ten en conta.

 

Jesús Picallo, Hotel O Semáforo

1.- Bueno,habrá que ver como evoluciona esto, todas as reservas están rechazadas, si esto se arregla podemos ter un bo resto de ano xa que as agencias din que a xente vai a querer viaxar , de momento o que temos e o peche e un montón de ertes por diante

2.- De momento adelantando vacacións e estudiando posibles ERTES en función da duración do estado de alarma.

3.- É pronto para avaliar si se perderá a campaña de vran, habrá que ver a evolución de estes próximos día, podemosbdecir que esta en riesgo

4.- Acaban de saír no BOE, e agora os asesores están en fase de estudio pa analizar como afecta a cada un dos sectores, o colectivo de solpor e en mayoría autónomos e habrá que ver si se materializa de maneira rápido e eficaz.

 

Silvia Bouzas, Hotel Playa de Laxe

1.- Desde logo pensó que a campaña en vez de 7-8 meses que tiña para nós, terá 4 ou 5, sendo positivos claro. Se neses meses podemos traballar ben pois algo poderemos salvar, e compensará dalgunha maneira, aínda que á baixa, claro está.
Que se poida salvar algo vai depender de varios factores: do cese da alarma, o que sería moi boa nova en todos os aspectos; no movemento vacacional sobre todo do turista español, e das axudas do Estado.

2.- En canto á situación laboral, nós dende logo intentaremos ir a un ERTE, posto que parece o máis beneficioso para os empregados e as empresas, aínda que non se sabe moi ben como hai que facer.

3.- En canto ao verán, todos desexamos que poidamos aproveitalo, polo menos xullo, agosto e setembro, e que dure ata outubro, pero eso xa non depende de nós.

4.- As axudas do Estado, claro que esperamos que cheguen e que sexa a tempo para non ter que pechar as empresas, pero é algo que tampouco depende de nós, estaremos enriba e presionando dende as diferentes asociacións de turismo e hostelería para que sexan efectivas, pero dependerá da vontade e facilidades que ofrezca o Estado.
E xa, como reflexión personal, oxalá os Bancos devolveran todas as axudas que se lles deu fai uns anos para reflotalos, pero eso é demasiado pedir.

 

Suso Lema, da Casa de Lema (Muxía)

1.- Aquí xa case estabamos practicamente pechados dende o comezo desta crise, porque as reservas estaban sendo practicamente nulas, como dixemos na nota de prensa do outro día das tres patronais nas que invitábamos ao peche voluntario. Como en toda Galicia, o peche da hostalería é brutal para nós. Aquí a xente anda ao día, ten negocios pequenos, salvo dous ou tres grandes que terán que acollerse aos ERTES, o resto teremos que darnos de baixa de autónomos porque hai 0 ingresos cada día e non podemos aguantar isto. Aquí, se para a hostalería para a Costa da Morte, isto é un desastre”

2.- No noso caso, temos unha empregada a media xornada en temporada baixa, darémonos de baixa de autónomos e acollerémonos ás prestacións.

3.- Creo que quizais o salvaremos aquí nesta zona, pero creo que vai tardar en reactivarse. Pero esta zona como é unha zona non masificada, máis natural, espero que nos salvemos un pouco.

4.- As axudas do goberno máis ben axudas aos empregados de grandes empresas, pero aos autónomos só manteñen o que tiñamos, a opción de poder cesar a actividade e nada máis. Ao pequeno comercio e aos autónomos que é o maioritario na Costa da Morte, nada de nada.

 

Xoan Marcos Traba, Hotel Mar de Fisterra

1.- Sinceramente a incertidume é tan grande que non sei que vai pasar. Moitos dos locales non estaban nin abertos porque a tempada empeza en Semana Santa. E para o empresarios da hostelería unha tempada a nivel que ía ser boa ou moi boa non sabemos como será pero probablemente mala. A nivel aloxamentos só chegan cancelacións e de vez en cando algúnha reserva que se celebra como un pequeno atisbo de esperanza.

2.- Para os traballadores temporais será complicado.

 

Novas relacionadas

Comentarios