Unha expedición da Costa toma nota do conflito en Palestina

Unha pequena expedición do comité COSAL Costa da Morte estivo nas últimas semanas de viaxe activo por terras palestinas. A entidade costeira, que xa leva tempo traendo a realidade do conflito á bisbarra, decidiu coñecer de primeira man a situación. Deste xeito, os Chicha Martinez, Javier Turnes, Rafa Poncela, Alberte Pagán e Ubaldo Cerqueiro estiveron a percorrer os territorios ocupados nas últimas xornadas. A intención, a de tomar boa nota do que acontece nestes tempos para trasladalo a poboación da bisbarra. Á volta, de seguro que organizarán algunha actividade para compartir experiencias. I é que falamos, xa sen lugar a dúbidas unha vez visto de primeira man, de territorios ocupados. O goberno israelí, ademáis de crear un auténtico estado militar, segue ameazando o pouco territorio que queda en mans palestinas. Botando un ollo aos mapas da ocupación, observamos como as zonas verdes (que corresponden aos palestinos) menguan segundo pasan os anos, e os plans do goberno de Netanyahu continúan en marcha como indica o chamado Plano 2020. A situación para a poboación é completamente insostible. Os checkpoints non permiten aos palestinos nin transitar polas súas vilas. Cada vez son máis os asentamentos de colonos en zonas palestinas. E son autenticamente agresivos, como nos contan: "Os colonos son quen ata de lanzarlle pedras aos cativos que van a escola na súa propia terra, facendo que grupos de internacionais activistas vivan en zonas rurais para facer de escudo". A expedición, dirixida por Chicha, mantivo contacto con numerosas organizacións internacionais, palestinas e israelis non sionistas (como non confundir sionista con israeli ou xudeo).  As conclusións, unha vez feito balance, e que a situación é moito máis grave do que agardaban, e iso que o que acontece en Palestina é case máis coñecido na Costa da Morte que o que pasa no Barbanza. Agardamos pois unha valoración máis concreta da situación e do traballo de COSAL por terras palestinas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).