Unha ría eternamente pechada
Xa hai máis de 9 meses dende que esta estampa non se observa na ría de Corcubión. E practicamente sen que a Costa se enteirase, pero a ría de Corcubión volve estar pechada ao marisqueo.
Ademais o peche é máis importante. Desta volta a zona pechada xa non é de porto de Corcubión ao porto de Brens; desta volta a Xunta catalogou como zona C toda a ría comprendida entre Cabo C a punta Galera, en Caneliñas.
A todo isto, a última nova que publicamos sobre a catalogación da ría corcubionesa foi en xaneiro de 2009 avisando de que a Xunta ía abrir a ría ao marisqueo, i é que para as novas positivas hai rolda e nota de prensa pero para as malas non.
Iso si, a causa principal do peche da ría é a presencia coliformes fecais. Unha morea de desaugues seguen abertos directamente ao mar dende hai anos, sen que as premisas de saneamento solucionen o problema.
 Así e todo, está demostrada a presencia de hidrocarburos como o benzopireno (un dos máis perxudiciais para a saúde polo seu carácter canceríxeno) ou metais pesados, como o chumbo ou o cadmio. 
Toxina
Pero ademais a toxina volve estar presente. A marea vermella fixo que este ano a produción sexa das máis baixas dos últimos anos.
Novas relacionadas
- 14-04-2010: A caño libre na Ría de Corcubión.
 - 15-02-2010: O saneamento da Ría de Corcubión será investigado pola Xunta e a UE.
 - 11-11-09: Quen son os responsables da contaminación da ría de Corcubión?.
 - Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
 - A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
 - A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
 - Muros, cemiterio de animais exóticos.
 - Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.
 - Asoar publica dúas novas guías sobre prevención de riscos e xestión de residuos na mar.
 - Fotodenuncia: Augas contaminadas na praia do Rostro.
 - Denuncia cunha foto: As escouras da Ferroatlántica na praia do Rastrelo .
 - Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).