Domingo. 29.11.2020
El tiempo

Muros, cemiterio de animais exóticos

Muros, cemiterio de animais exóticos

Volvemos ao porto de Muros da man das imaxes de Toto Lestón Romaní. E se a semana pasada unha balea aparecía morta na entrada da ría e era levada a desguazar no porto muradán. Hoxe, Lestón achéganos estas insólitas imaxes na nosa terra.

A tartaruga foi atopada pola embarcación Nuevo Montecristo, de Domingo Manuel Duarte Torres, cando estaba pola zona de San Francisco. Parece que ser que eran dúas tartarugas as que andaban pola zona. Pero pode ser que esta morrese enliada nas redes do pesqueiro.

Trátanse de quelonios que poden pesar máis de 300 quilos e medir 2 metros de lonxitude (coma este), e non é a primeira que aparecen polo noso litoral. Hai 2 anos aparecía un en Montelouro, e hai 6 en Carnota.

A espectación, de novo, foi total.

Maniobras militares

Algo que nos chamou a atención foron as reaccións que nos chegaron tras coñecer a nova da balea. Se ben dende Aduanas e Salvamento non sabían nada sobre a procedencia e causa da morte de semellante cetáceo, varios seguidores de QPC, relacionados co sector, nos apuntaban que a morte destes animais pode ser motivada por certas maniobras militares desenvoltas no medio do océano Atlántico. Os radares, as sondas... fan verdadeiro dano a estas especies, que morrer e os seus cadáveres se deixan levar polas corrientes cara a costa.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

comentarios