Martes. 19.11.2019
El tiempo

Asoar publica dúas novas guías sobre prevención de riscos e xestión de residuos na mar

Asoar publica dúas novas guías sobre prevención de riscos e xestión de residuos na mar

O pasado venres 30 de setembro, o Museo Marítimo “Seno de Corcubión” foi escenario para a presentación de varias novas publicacións desenvoltas pola Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (ASOAR-ARMEGA). Personalidades do eido do mar fixeron acto de presencia para seguir demostrando que esta pequena entidade radicada na Costa da Morte ten un peso específico tremendo no sector, mesmo a nivel europeo.
A presencia do Subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura, o Subdirector Xeral de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto e o Xefe do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo, José Ignacio Garrote, dan conta da relevancia das actuacións da ASOAR dentro do sector.

Ademais as guías editadas son novedosas e van enfocadas en materia de sustentabilidade no mar. Unha é sobre preveción de riscos na pesca con artes menores, e a segunda é unha Guía sobre xestión de residuos a bordo, algo fundamental para seguir concienciando ao sector.

O acto servíu ademais para presentar ao novo presidente da entidade. José Luis Rodríguez Domínguez xa era o auténtico motor da asociación dende o seu posto de Secretario. Agora terá que exercer ademais de presidente. Ao seu carón estiveron para presentar as guías os Técnicos de ASOAR: Alberto Lago Ferreira e Yolanda Lista Periscal.

“Manual para a avaliación e prevención de riscos na pesca con artes menores”

Publicación editada en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar Social, e que vai dirixida ao sector das artes menores coa fin de previr o risco de accidentes durante o exercicio da pesca. Esta publicación é continuidade da labor que esta entidade ven realizando a través da realización de diferentes actividades e proxectos, en prol da seguridade nas actividades da pesca e de reducir a sinestralidade no mar.

“Gestión de residuos a bordo de buques de pequeña eslora”

Publicación editada en colaboración coa Fundación Mapfre, dirixida non só aos profesionais da pesca, senón tamén aos que practican actividades deportivas no mar, e cuxa finalidade e a de previr a contaminación mariña. Trátase de unha pequena guía na que de forma sinxela se amosan os principais residuos xenerados por estas pequenas embarcacións e de cales son os efectos contaminantes que poden producir se non tratamos de realizar unha correcta xestión.
Esta guía é complementación o arduo traballo que a Entidade ven realizando en materia medioambiental e coa finalidade de reducir o impacto que a sociedade exerce sobre os ecosistemas costeiros.

Novas relacionadas

Outras publicacións da ASOAR-ARMEGA

Comentarios