Tres persoas investigadas por delito de defraudación de fluido eléctrico

Unha denuncia dun representante dunha empresa distribuidora de electricidade, fixo que a Garda Civil do Posto de Vimianzo en colaboración co Equipo Roca da Compañía de Carballo con sede en Vimianzo, comezase a investigar sobre un suposto fraude por engache ilegal da luz.

O denunciante sinala que nas inspeccións nos contadores eléctricos da zona observaron a existencia de conexións fraudulentas á rede eléctrica.

A Garda Ciivl investigou e tras corroborar a existencia deste tipo de conexións, logrando así mismo a identificación dos supostos autores das mismas, resultando ser tres veciños da Costa da Morte, un deles con antecedentes por ilícitos da misma índole.
A Garda Civil procedió á investigación destas tres persoas como presuntos autores dun delito de defraudación de fluído eléctrico.

A Benemérita lembra que “este delito está tipificado no artícu 255 do Código Penal e que este tipo de conexións afectan gravemente á calidade do servizo eléctrico, pondo en risco a integridade física da persoa que a realiza así como a dos moradores das vivendas afectadas e lindeiras pola rega de incendio por sobrecarga que leva”.