A Xunta cobre 14 prazas médicas, por concurso de méritos sen oposición, para centros sanitarios da Costa da Morte

Visita do Conselleiro ao Centro de Saude de Cabana

A semana pasada adiantaba a Consellería á voceira do PP muxián que o Concello de Muxía e o de Dumbría ían compartir un novo pediatra. Trátase dunha das 13 prazas de difícil cobertura que o Sergas vai cubrir a través dun concurso de méritos, sen ter que pasar polo proceso de oposición.

8 serán para o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee: 2 de urxencias, 2 de anestesia, 2 de xinecoloxía e 2 de oftalmoloxía.

As outras 5 son para os centros de primaria da zona: 3 de medicina de familia, unha en Laxe, unha para Santa Comba, e outra en Vimianzo; e 3 de pediatría de atención primaria, das que unha é para Carballo, outra para Fisterra; ademais da a que comparten Muxía e Dumbría.

Así o anunciou hoxe o Conselleiro Julio García Comesaña durante a visita ao centro de saúde de Cabana de Bergantiños, que conta con dous novos facultativos fixos grazas ao concurso de méritos celebrado o ano pasado, que tamén permitiu poñer facultativ@s en Carballo (2), Malpic a e Laxe.

Condicións: 2 anos

O Conselleiro explicou que o procedemento por concurso débese a “un problema importante de escaseza de especialistas en medicina de familia, ante o que en Galicia estamos a tomar medidas e decidimos que as prazas de difícil cobertura se convocarían sen oposición, mediante un concurso de méritos, para que calquera médico sen praxa fixa teña o camiño máis sinxelo para obtela”.

A Xunta incorpora aos médicos de familia recén titulados. Así, os MIR desta especialidade que rematen en maio poderán inscribirse con carácter previo e acreditar despois o título.

O concurso permitirá manter esas prazas durante un mínimo de 2 anos.

Máis novas sobre sanidade