Muxía terá pediatra

09:28 24/02/23
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, trasladoulle onte á candidata do Partido Popular á alcaldía do concello de Muxía, Sandra Vilela, que o goberno galego incluirá unha praza de pediatría, actualmente vacante, e que dará servizo aos centros de saúde de Muxía e Dumbría na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.