Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Convocan un concurso de méritos para cubrir a praza de médico no Centro de Saúde de Santa Comba

Alcaldesa de Santa Comba e o Conselleiro
A Alcaldesa de Santa Comba e Gonzalo Trenor
Convocan un concurso de méritos para cubrir a praza de médico no Centro de Saúde de Santa Comba

A alcaldesa do concello de Santa Comba, María Pose mantivo onte unha reunión co delegado do goberno na Coruña Gonzalo Trenor, na que lle avanzou que o goberno galego incluirá unha praza de médico de familia no centro de saúde do seu concello na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente da Xunta Alfonso Rueda, realizarase ao abeiro da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro polo Parlamento de Galicia e que permite a convocatoria mediante concurso de méritos (é dicir, sen oposición) de prazas en propiedade en categorías como facultativo especialista de atención primaria, pediatría de atención primaria, as especialidades médicas nos hospitais comarcais ou as prazas sanitarias vinculadas ao Plan de Saúde Mental de Galicia.
 

Comentarios