A AELG premia á Asociación de Medios en Galego
Despois de 3 anos de traballo asociativo, sempre presta que unha entidade o valore. E se chega nada menos que da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), moito mellor. A entidade vén de anunciar que un dos Premios AELG 2015 á’s Institucións' en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de "especial dificultade" para este idioma, recaerá na Asociación de Medios en Galego, da que formamos parte.
Un premio que compartirá a AMEGA co Colexio de Xornalistas de Galicia.
"Creo que é un clamor a necesidade de que existan medios en galego e que se amplíe o espazo que este ten naqueles que non están nesta lingua", asegurou o presidente da entidade Cesáreo Sánchez, tras a celebración da Asemblea Xeral Anual da asociación.
Estes premios, avanzou, serán entregados nunha gala que terá lugar o día 9 de maio en Lugo e na que tamén se recoñecerá a traxectoria de Xosé María Álvarez Cáccamo co premio 'Escritor na súa terra-Letra E' que cada ano concede a asociación a un autor destacado pola calidade do seu traballo. Ademais, nesta gala o autor brasileiro Luís Ruffato será nomeado 'Escritor Galego Universal 2015' e a AELG recoñecerá como 'Mestres dá Memoria' a Xosefa Arias e a Emilio do Pando, aos que Cesáreo Sánchez encomiou como "dous grandes narradores orais”.
Novas relacionadas
- AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.