Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional

A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional
Amega-no-Parlamento-con-AGE-e-BNG-por-unha-Lei-de-Transarencia

A Asociación de Medios en Galego, da que forma parte este diario presentou na tarde no Rexistro do Parlamento Galego a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional.
Fixoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG, unha vez que o PSdG asegurou que apoiará a proposición pero que non recoñece todo o texto e o PPsG lembrou que está traballando na súa proposta. A entidade indicou que pretende “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.

Participaron na entrega, por parte de AGE Yolanda Díaz, do BNG Jorquera e Montse Prado, e como representantes da Asociación o presidente e director de Radiofusión Henrique Sanfiz, Fernando de Paz de Tempos Novos, Raúl Riós de Novas da Galiza e Ubaldo Cerqueiro, director de Quepasanacosta.

Segundo Amega, “a cidadanía comprende o valor do pluralismo nos medios de comunicación para unha maior calidade da democracia, e nós proclamámonos medios defensores dos servizos públicos, sanidade, educación e prestacións sociais como elementos de cohesión e avance da sociedade”. A asociación presentoulle o proxecto de Lei a todos os grupos parlamentares e agarda que todos eles voten a favor da toma en consideración do texto.

A entidade sinala que apoia as demandas do Colexio Profesional de Xornalistas, Sindicato de Xornalistas e Consello de Contas, cando reclaman que a publicidade institucional se reparta en convocatorias públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións.

Asociación de Medios en Galego

Raul Rios de NG Henrique Sanfiz de RadioFusion e Ubaldo Cerqueiro de QPC no Parlamento coa AMEGA

A Asociación de Medios en Galego formanna os dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública, Valmiñor.info, Quepasanacosta, A Voz de Vilalba, Cronica 3, os periódicos impresos Sermos Galiza (tamén dixital), Terracha.xa, A Nova Peneira, as revistas Tempos Novos e Novas da Galiza e máis de vintecinco radios locais integradas na asociación Emisoras Municipais Galegas.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios