Os peques de Carballo tamén derruban muros con pintura
Sabédesnos moi fans do proxecto Derrubando Muros con Pintura. Esa pioneira proposta municipal de humanizar o gris cemento dos edificios carballeses con algo de arte urbana. Despois de crear un libro de relatos, o Concello de Carballo vén de crear uns cadernos para colorear co obxectivo que os nenos e nenas entren tamén en relación coa arte.
Facendo saltar a arte urbana das paredes ao papel, o Concello edita 3000 exemplares que se repartirán de balde no Museo de Bergantiños, para que os nenos teñan unha ferramenta para traballar sobre todo nas aulas e na casa, e para que sigan relacionándose coa arte dunha maneira satisfactoria pero tamén natural.
Ademais, tamén crearon un marcapáxinas, que leva un código QR para vincular cos smartphones ou tablets para saber en todo momento onde están localizados todos os murais, información que logo se pode ampliar coa que, sobre as pinturas e todo o relacionado con ‘Derrubando’, se ofrece na web de turismo, como os da localización dos murais e as visitas guiadas son dos máis buscados”.
Novas relacionadas
- Graffitis que se convirten en libros.
- Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).