Venres. 10.07.2020
El tiempo

Pintando muros para derribar barreiras

Pintando muros para derribar barreiras
Derribando muros con pintura-Carballo

Poucas veces a Costa da Morte está á vangarda. E menos á vangarda cutural. Pero o de Carballo é de traca. Estes días, no marco do proxecto de emblecemento urbano "Derrubando muros con pintura", dúas artistas están a coordinar accións que consisten precisamente niso, en pintar muros con graffitis, como fixeron no seu día na vila de Ordes de man do grupo Desordes creativas.

Aí estiveron toda a mañá de onte Roberta Venanzi e Paula Fraile pintando o primeiro edificio que se vai intervir no proxecto, na rúa do Sol, xunto á rotonda da escultura do Artiluxio, unha das portas de entrada á vila dende Aa Costa da Morte, Santiago, e Ordes.
Están a realizar un mural que se basea en plantas dos xardíns da zona e procura continuidade coa zona de céspede e sebe que hai entre o edificio e a rotonda.

O proxecto continuará ao longo dos vindeiros meses. Nel participarán unha equipa de artistas [email protected] polas propias Paula Fraile e Roberta Venanzi. Farán semellantes intervencións pictóricas en varios muros da vila co fin de embelecer o núcleo urbano.

Dende logo, unha iniciativa de vangarda, e para tomar nota, pois mira que temos muros mortos pola volta...

Fonte e máis información

comentarios