Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Os muros convírtense en Murais

Os muros convírtense en Murais
Os pequenos artistas de Carballo pintan murais nos muros-Foto-Senda Nova

Hai veces que Carballo parece Berlín. Ou alomenos hai propostas que van no mesmo camiño. Xa botamos un ollo á proposta "Pintamos Moito". Unha iniciativa que une a comerciantes, ao concello de Carballo e a diferentes artistas da zona para convertir as rúas de Carballo nunha exposición viva. Senda Nova, a armadanzas da idea, está a encher de cores os grises muros da capital bergantiñá.

E moitos dos artistas deste "Pintamos moito" son cativos. Cativos voluntarios que se convirten en artistas para humanizar as rúas a través dos Obradoiros Ambientais Sendas Carballo.

Polo de pronto a resposta da veciñanza está a ser espectacular. Xa son moitas as peticións que recibiu o Concello e a asociación para pintar muros de toda a capital. "Estamos pensando xa en máis espazos", sinala o presidente de Senda Nova, José Manuel Menéndez, asegurando que o proxecto segue en marcha.

Humanizando con cores bergantiñás

Resultados tan bos coma este nos murais de Pintamos Moito de Senda Nova

Polo de pronto están traballando en 4 muros da vila, e o que antes era gris, hoxe xa son verdadeiros murais. Despois do traballo menos vistoso (limpar os muros, calear e perfilar) xa xa empezou a coller forma coas figuras e as cores.
Os muros están a ser decorados con diversos motivos ligados ao concello de Carballo. O espazo natural Razo-Baldaio, un dos nosos principais atractivos turísticos, protagoniza o da rotonda da Ponte da Pedra. A Ribeira da Pena, un dos bosques de vexetación autóctona máis importantes da Costa da Morte, que se estende entre os límites da parroquia carballesa de Aldemunde e o concello de Cerceda, é o motivo que lle dá vida ao mural situado na rúa Barcelona, unha das máis céntricas da vila.

Difrutamos así doutro fermoso xeito máis de humanizar o centro urbano carballés, como a iniciativa do Pedibús, que pretende permitir que os cativos poidan ir sós á escola atravesando unha cidade amigable.

Na TVG

Novas relacionadas

Fonte

comentarios