Padais profesionais catan a Costa da Morte
Bos padais os que pasan estes días pola Costa da Morte. Unha expedición da entidade “Amigos da Cociña Galega”, que preside o coñecido Pepe Solla, pasou un par de días pola nosa bisbarra, disfrutando da calidade da nosa gastronomía. Con base no Hotel Insua, a experición percorreu o luns a zona de Carnota, cos hórreos, con parada para saborear os tesouros de Caldebarcos.
A ruta turística continuou polo Pindo e o Ézaro, para seguir estes días por Corcubión, Fisterra, Vimianzo, Muxía, Camariñas e mesmo Malpica.
Moi interesante esta visita, e moi importante que o noso sector hostaleiro estea a altura, pero parece que a base de operacións cumple todas as necesidades de xeito excelente. I é que falamos de numerosos profesionais, chegados de todas partes da provincia, que van falar, ben ou mal, iso depende de nós, da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O congro será o actor principial da Semana Santa muxiá.
- O Forum Gastronómico coñeceu a arqueogastronomía vimiancesa.
- O polbo da Costa da Morte estrea marca propia dende a rede.
- Un Milfollas de segredo de porco ibérico para estrear as receitas do Outono carballés.
- Os alimentos salvaxes da Costa da Morte.
- A Gran Orden Gastronómica da Costa da Morte estreouse no Xantar.
- A Cofradía da Faguía recibirá unha homenaxe no Xantar de Ourense.
- Pratos de ouro para dous restaurantes de Fisterra e Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).