xoves. 15.05.2025
El tiempo

Padais profesionais catan a Costa da Morte

Padais profesionais catan a Costa da Morte
Amigos da Cocina Galega no Hotel Insua

Bos padais os que pasan estes días pola Costa da Morte. Unha expedición da entidade “Amigos da Cociña Galega”, que preside o coñecido Pepe Solla, pasou un par de días pola nosa bisbarra, disfrutando da calidade da nosa gastronomía. Con base no Hotel Insua, a experición percorreu o luns a zona de Carnota, cos hórreos, con parada para saborear os tesouros de Caldebarcos.

A ruta turística continuou polo Pindo e o Ézaro, para seguir estes días por Corcubión, Fisterra, Vimianzo, Muxía, Camariñas e mesmo Malpica.

Moi interesante esta visita, e moi importante que o noso sector hostaleiro estea a altura, pero parece que a base de operacións cumple todas as necesidades de xeito excelente. I é que falamos de numerosos profesionais, chegados de todas partes da provincia, que van falar, ben ou mal, iso depende de nós, da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios