Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O polbo da Costa da Morte estrea marca propia dende a rede

O polbo da Costa da Morte estrea marca propia dende a rede
pulpo de lonja

Importantísimo o feito de que o polbo costeiro teña marca propia. E así, o polbo das confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son comezará a se comercializar baixo a marca “Pulpo de lonja”.

Trátase dunha nova iniciativa dos mariñeiros galegos para poñer en valor un dos recursos pesqueiros máis característicos da zona e que a cotío vese desprazado polo polbo conxelado procedente doutros países como Portugal o Marrocos.

Así, nun intre no que cada vez máis compradores comezan a dar importancia ao produto fresco, obtido preto da zoa de consumo, a marca "Pulpo de Lonja" permitirá aos consumidores saber que están gozando dun verdadeiro polbo galego.

Na rede

O polbo de marca costeira venderase na Lonja en la red

Este polbo con marca propia comercializarase a través da plataforma “Lonja en la Red”, unha central de vendas que será presentada nas vindeiras semanas e que permitirá aos compradores adquirir o polbo destas seis confrarías directamente desde o ordenador.

“Lonja en la Red” vén satisfacer unha das aspiracións do Grupo de Acción Costeira 4 (GAC 4) que buscaba agrupar a produción de varias confrarías para satisfaceren as necesidades dos grandes clientes e superficies de distribución.

Son nada menos que seis as lonxas participantes, un fito na cooperación entre confrarías, e está pervisto que no futuro poidan incorporarse outras como a de Noia e Portosín.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC.

Comentarios