Moita variedade para esta ponte do Pilar na Costa da Morte. A I Mostra de Cinema Documental “Mares da fin do Mundo” de Carnota, vertebra a Costa da Morte de sur a norte, onde poden seguir disfrutando dunha programación de nivel nacional no marco do Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo.
Ademais, a finde deixa varias andainas especiais, como a dos Penedos de Traba e Pasarela, varias festas (como a Pilarica da Trabe), e varios concertos.
Parte meteorolóxico
Para este venres os ventos do sur serán protagonistas. Ademais, será unha xornada de ceos anubrados, e non se poden descartar precipitacións febles en forma de orballos.
O sábado pasará unha fronte e os ceos irán anubrándose, chegando a haber precipitacións pola tarde. A fronte pasará pola noite, e o domingo teremos influencia anticiclónica con alternancia de nubes e claros.
A situación no mar vai ser mala, sobre todo durante venres e sábado, pois activarase unha alerta amarela polo vento de sur forza 7, e as ondas poderán superar os 4-5 metros.
Esta ponte no FIOT
Temos de todo no Festival de Teatro de Outono de Carballo esta ponte. O venres 12 comezan as actividades co Teatro de Rúa ás 13:00 na praza do Concello, e continúa ás 20:30 co obra de Sala da man de La Joven Compañía. Ademais, David Amor estará nas Sesións do Mercado no 2º andar a partir das 23:00h.
O sábado 13, será o día do Cermate de Microteatro Metro Cadrado, con actuacións ao longo da tarde (de 13:00h a 1930) de M+1 (teatro circo) en Cereales Porteiro; e de Helena Salgueiro na Panadería Ana Mesejo.
No Pazo da Cultura Pentación Espectáculos estrea en Galicia Fedra.
E xa pola noite haberá fin de festa do programa da Rúa dos Contos con Monopoulus Pop, ás 0:00h na Cervexaría Beos.
E xa para o domingo 14, haberá tamén Teatro de Rúa, ás 13:00h na Praza do Concello con Antón Coucheiro; teatro de sala coa interpretación internacional, e tamén estrea en Galicia, de La Tristeza de los Ogros.
Fermosa aposta do Concello de Carnota polo cinema documental relacionado co mundo do Mar. “Mares da fin do mundo” achegará á bisbarra interesantísimas producións, que se proxectarán na Lonxa Vella de Lira os días 12 e 13 de outubro, a partir das 18:00h. Haberá tamén outras actividades como charlas e concertos.
Andaina e Concurso polos Penedos
Anulada pola alerta amarela a Andaina do sábado 13.
O sábado 20 de outubro de 2018 haberá outra visita guiada ós Penedos, específica para as persoas interesadas en participar neste Concurso.
Outra andaina diferente será a que organiza o Concello de Cabana para a tarde-noite do sábado, cunha ruta noctruna polo Pozo da Orca.