Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ponte de teatro, andainas festas e cine na #AxendaCostadaMorte

Ponte de teatro, andainas festas e cine na #AxendaCostadaMorte
Axenda Costa da Morte 11-10-18 Moita variedade para esta ponte do Pilar na Costa da Morte. A I Mostra de Cinema Documental “Mares da fin do Mundo” de Carnota, vertebra a Costa da Morte de sur a norte, onde poden seguir disfrutando dunha programación de nivel nacional no marco do Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo. Ademais, a finde deixa varias andainas especiais, como a dos Penedos de Traba e Pasarela, varias festas (como a Pilarica da Trabe), e varios concertos.

Parte meteorolóxico

Para este venres os ventos do sur serán protagonistas. Ademais, será unha xornada de ceos anubrados, e non se poden descartar precipitacións febles en forma de orballos. O sábado pasará unha fronte e os ceos irán anubrándose, chegando a haber precipitacións pola tarde. A fronte pasará pola noite, e o domingo teremos influencia anticiclónica con alternancia de nubes e claros. A situación no mar vai ser mala, sobre todo durante venres e sábado, pois activarase unha alerta amarela polo vento de sur forza 7, e as ondas poderán superar os 4-5 metros.

Esta ponte no FIOT

Temos de todo no Festival de Teatro de Outono de Carballo esta ponte. O venres 12 comezan as actividades co Teatro de Rúa ás 13:00 na praza do Concello, e continúa ás 20:30 co obra de Sala da man de La Joven Compañía. Ademais, David Amor estará nas Sesións do Mercado no 2º andar a partir das 23:00h. O sábado 13, será o día do Cermate de Microteatro Metro Cadrado, con actuacións ao longo da tarde (de 13:00h a 1930) de M+1 (teatro circo) en Cereales Porteiro; e de Helena Salgueiro na Panadería Ana Mesejo. No Pazo da Cultura Pentación Espectáculos estrea en Galicia Fedra. E xa pola noite haberá fin de festa do programa da Rúa dos Contos con Monopoulus Pop, ás 0:00h na Cervexaría Beos. E xa para o domingo 14, haberá tamén Teatro de Rúa, ás 13:00h na Praza do Concello con Antón Coucheiro; teatro de sala coa interpretación internacional, e tamén estrea en Galicia, de La Tristeza de los Ogros.  

I Mostra de Cinema Documental de Carnota

Fermosa aposta do Concello de Carnota polo cinema documental relacionado co mundo do Mar. “Mares da fin do mundo” achegará á bisbarra interesantísimas producións, que se proxectarán na Lonxa Vella de Lira os días 12 e 13 de outubro, a partir das 18:00h. Haberá tamén outras actividades como charlas e concertos.  

Andaina e Concurso polos Penedos

Anulada pola alerta amarela a Andaina do sábado 13. O sábado 20 de outubro de 2018 haberá outra visita guiada ós Penedos, específica para as persoas interesadas en participar neste Concurso. Outra andaina diferente será a que organiza o Concello de Cabana para a tarde-noite do sábado, cunha ruta noctruna polo Pozo da Orca.

Festas

Esta ponte poderemos darlle ao baile na Festa da Pilarica da Trabe, en Ponteceso que deixa un regueiro de verbenas do xoves ao sábado noite. Ademais, tamén estarán moi presentes as Festas do Cristo do Pindo, Quilmas e A Curra, con troula dende a mañá do venres ata o sábado noite. Tamén en Salgueiras e Mira, Coristanco, celebran toda a ponte a Festa do Rosario, comezando por unah especial Festa da Cervexa.

Outras citas singulares

Este sábado temos varias citas interesantes, como a visita co mago Benxamín en Muros, a chegada de Contrtaproducións a Vimianzo con Fillos do Sol, ou a inaguración da exposición de Víctor López Seoane nas Torres do Allo, que se celebra ás 13:00h. No marco da completa programación do Mes da Fundación Fernando Blanco, este sábado hai concerto de Marcelo Dobode na Casa da Cultura ás 20:30h. O venres 12, Pablo Navas tocará en Cee, ás 23:30 no Otium48.

Máis información

Comentarios