Senda Nova arma un novo programa de roteiros polo Outono

Xa está aquí o III Outono en Marcha de Senda Nova.Este programa de roteiros de outono interpretativos de sendeirísmo levaranos a través das terras de Bergantiños descubrindo segredos, ca mesma ansia e os mesmos obxectivos que os anteriores.

Xa saben que a entidade carballesa só pretende dar a coñecer o patrimonio ambiental, artístico e histórico da zona, fomentando o deporte no medio natural, o espírito de aventura e convivencia e os hábitos ecolóxicos no entorno natural.

Onte, Montemaior foi o lugar de acollida dunha nova edición do programa de roteiros de outono. A primeria ruta o vindeiro domingo, o destino, o mesmo lugar da presentación Sta Margarida de Montemaior e o percorrido da Senda das Capelas.
Teremos tamén saídas por Vía Alcaianus, Razo -Baldaio para Protexer, Ruta das Férvedas, Terras do Marqués ou as Pegadas do Wolframio. Non as perdan.

Actividades paralelas

Son varias as actividades que irán paralelas a cada roteiro:

  • Aprendendo con Evaristo: Sacándolle partido a un persoeiro tan importante nas rutas de SendaNova, trátase de cubrir unha serie de cuestións a través dunha didáctica ficha específica de cada roteiro.
  • Apaña2: Camiñamos recollendo lixo, tan simple coma iso, actividade encamiñada a acción a favor da limpeza das nosas corredoiras.
  • Eu camiño, eu escribo: Unha proposta que segue a iniciativa do escritor de Seavia Jose Antonio Andrade, outro dos grandes persoeiros cos que contamos nos roteiros. Trátase de deixar pegada en forma de textos das fermosas e diferentes vivencias en cada unha das actividades que desenvolvemos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte