Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Senda Nova comeza un Verán ao Natural

Senda Nova comeza un Verán ao Natural
Veran ao Natural con Senda Nova

A entidade carballesa Senda Nova xa presentou o seu novo vindeiro ciclo de actividades, "Verán ao natural". Nesta edición o Verán ao natural constará de tres actividades:

  • Curso de cartografía (mércores 6, xoves 7, venres 8 e sábado 9 de agosto).
    Nestas xornadas daranse unhas nocións básicas sobre cartografía e orientación no medio natural, tanto desde o punta de vista teórico como práctico. As xornadas de aula (teóricas e prácticas) serán mércores, xoves e venres. O sábado terá lugar unha saída ao medio para poñer en práctica o aprendido.
  • Ruta infantil nocturna: (noite do sábado 9 e mañá do domingo 10 de agosto)
    Aproveitando que a noite do sábado haberá unha "súperlúa" chea, realizaremos esta ruta nocturna (con durmida ao aire libre) dirixida a un público infantil.
  • Berrea (26, 27 e 28 de setembro).
    Un ano máis, Senda Nova volve ao concello de Llaviana (Asturies) para subir á montaña e poder contemplar, ao anoitecer e ao amencer, o fermoso espectáculo da Berrea, época en celo dos cervos. Dúas noites na montaña, illados do mundo e con durmida en vivac.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios