Últimos días para que os grupos se inscriban na Rede Cultural da Deputación 2013
Xa está aberto o prazo para a inscrición de grupos para a Rede Cultural da Deputación do 2013. Este é a primeira parte da do programa, cando os grupos se poden inscribir na Rede para que ao longo do vindeiro ano poidan ser contratados en festas e actuacións coa axuda da Deputación.
En maio, tocaralle o turno ás asociacións e concellos para escoller aqueles grupos que se adheriron a estas alturas do ano.
Deste xeito, xa podedes proceder á Inscrición de grupos, Non Profesionais e Profesionais para a elaboración dos listados que se publicarán no clásico libro que artellan cada ano. Pero atentos, que só hai de prazo ata o día 22 de decembro para apuntarse.
O ano pasado foron máis de 90 grupos da zona os que participaron na Rede Cultural da Deputación, con especial incidencia da música tradicional pero con toda clase de estilos de música e treatro.
Máis información
- Dicoruna: Rede Cultural 2012.
Novas relacionadas
- 2012: Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).