Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións

Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións

Ben é sabido que os programas culturais de Concellos e Asociacións viven da Deputación. E concretamente do programa da súa Rede Cultural.

E xa está aberta a convocatoria para que os concellos e asociacións da provincia que queran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2012. Así, Concellos e Asociacións deberán presentar as solicitudes entre os días 11 de maio e o 31 de maio do 2012.

Unha potencia en materia tradicional

Xa o dixemos o ano pasado, e este 2012 volves comprobar que a Costa da Morte é unha potencia en materia tradicional. Pois dun total de 94 grupos que se presentaron, atopamos nada menos que 40 grupos tradicionais (ben sexa Grupos de Baile, de Gaitas ou de Pandereiteiras), e 24 Corais.
Pola contra, só temos 7 Grupos de Teatro inscritos na rede e un de Maxia e un de regueifeiros. Ademais hai 17 grupos de música, pero de música ghallega daghora, de música moderna da Axenda Sonora da Costa da Morte, apenas atopamos 5 bandas que buscan dinamizarse a través desta rede.

Concello a Concello

Diverxencia da incidencia cultural na zona. Curiosamente os extremos son os máis activos e se Carballo conta con 20 grupos inscritos, Muros ten 17.
Estas cifras contrastan cos 0 grupos inscritos en Dumbría e Mazaricos.

Sen máis, deixámosvos con todos os grupos que Concellos e Asociacións podedes contratar a través da Rede Cultural 2012 da Deputación da Coruña (se pinchades nas ligazóns obteredes o seu contacto, e na web da Deputación podedes descargar os documentos para presentar).

Grupos da Rede Cultural da Deputación

A meirande parte forman parte do XXVI Programa de música e teatro para grupos non profesionáis se ben indicamos cando os grupos son profesionais:

Cabana

Camariñas

Carballo

Carnota

Cee

Corcubión

Fisterra

Malpica

Muxía

Muros

Ponteceso

Comentarios