#sondacosta. A familia QPC segue crecendo


Xa está en marcha está a campaña de QPC #sondacosta. Dende QPC queremos reincidir neste Nadal no sentimento #CostadaMorte, ademais de intentar sobrevivir nestes tempos de crise. Por iso, sacamos estas Tazas QPC, que poden ser un bo agasallo para os nosos achegados ou para nós mesmos.
E a verdade é que a acollida está sendo moi positiva. Xa temos unha morea de xente que nos pedíu unha taza para que lla enviemos, pero polo de pronto a primeia edición está dispoñible nos establecimentos colaborardores. A semana que vén intentaremos empezar a mandalas.
O que si nos foron chegando foron imaxes dalgúns seguidores que xa se fixeron cunha taza, i é que a gracia da taza é que se pode escribir nela. E aí é onde queremos que escribades algunha frase, algún tuit que poida rematar precisamente co hastag #sondacosta.










Colabora con QPC
Xa podedes pasar a mercala, por un prezo de 10€ (colaborar é o importante) nos seguintes establecimentos colaboradores co portal QPC:
- Kiosco Rosalía (Corcubión).
- Restaurante Praia de Quenxe (Corcubión).
- Hotel Insua (Cee).
- Café Bar Celme (Vimianzo).
- Café Bar London (Vimianzo).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).