Variedade de citas na #AxendaCostadaMorte
28 de abril de 2017 (14:15 h.)
Teatro
- O auditorio de Baio acolle mañá ás 21 horas a obra de teatri “República de Gundián”, de Andaravía Teatro da asociación cultural Papaventos de Vedra, que se enmarca dentro da II Mostra Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas. A entrada é de balde e está dirixida a todos os públicos.
- Muros ten estes días unha cita co teatro amador dentro da XI mostra de teatro Xosé Agrelo. Hoxe, a compañía Muxica Teatro do movemento teatral Once, representará a súa obra "Arsénico por compaixón". E xa mañá sábado, o grupo de teatro Airiños de Asados, de Rianxo, treaerá a súa obra “Hoxe non se paga”. As dúas citas son ás 21:30 horas.
- Teatro Infantil en Vimianzo. A casa da Cultura de Vimianzo acolle este domingo, ás 18:30 horas, o espectáculo infantil "Pindirico Show" de DinamoTeatro.
Rutas de sendeirismo
- Senda Nova percorre este domingo a "Ruta das Mámoas" que discorre polo concello de Cabana. Este roteiro - de 16 quilómetros de distancia - enmárcase dentro da 8ª edición da Primavera en Ruta.
- Andaina polos Penedos de Traba. A agrupación deportiva Abellariza IES Ponteceso organiza unha andaina polos Penedos de Traba. A saída será ás 10 horas do parque situado ao lado do bar Os Espiños de Mórdomo (Traba).
Primavera en Danza
- A 15ª edición da Primavera en Danza trae hoxe a Carballo o espectáculo "Ulises e a nena durmida" de Ánxela Blanco. A función comeza ás 21 horas no pazo da Cultura e está dirixida ao público adulto. As entradas (entre 3 e 4 euros) despacharanse na billeteira do Pazo desde unha hora e media antes do espectáculo.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado, domingo e luns de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Exposición no Museo do Alemán. Do 12 de abril ao 1 de maio o Museo do Alemán (Camelle) acolle a exposición “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.
Gastronomía
- Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
Outras citas
- Dentro do programa Reláxese, esta tarde ás 19 horas terá lugar no museo do Mar de Laxe unha conferencia de Miro Villar González baixo o título "Vida e Obra do poeta laxense Antón Zapata García". E xa mañá, ás 19 horas, Xosé María Lema Suárez e Chema Rei falarán da "Historia do fútbol en Laxe".
- XXIII Exaltación da Fía do Liño. O pabillón de Baio acolle este luns a tradicional comida da fía organizada pola asociación de Amigos do Liño.
- Feira de Abril en Vimianzo. Os comercios e a hostelería da vila ofrecen hoxe e mañá celebran hoxe e mañá a Feira de Abril cun mercadillo flamenco, descontos, un espectáculo de doma, inchables, pinchos,...
- Festa dos maiores en Vimianzo. O pabillón municipal acolle mañá 16ª edición do Xantar dos Maiores.
- Día da Muiñeira en Cee. Como vén sendo habitual por estas datas, a asociación Terra de Sena organiza a 31 edición do Día da Muiñeira na que participarán grupos de toda a provincia. A cita é o luns, día 1, ás 17:30 horas na praza do concello.
- Concerto en Fisterra. O Boulervar de Fisterra acolle hoxe un concerto de Héctor Lera & Uns Calquera. A cita comeza á media noite.
- Concerto en Carballo. Os míticos Sonoro Maxín traerán as súas gale-cumbias á Sala Dublín de Carballo este venres ás 23:30h.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)