Luns. 06.05.2024
El tiempo

Muros pon en marcha a XI mostra de teatro Xosé Agrelo

Muros pon en marcha a XI mostra de teatro Xosé Agrelo
XI mostra de teatro Xosé Agrelo de Muros xa está en marcha. Dende o pasado 22 de abril e ata o 20 de maio, os espectáculos teatrais daranse cita neste certame organizado polo concello e por grupos de teatro amador. Esta fin de semana terán lugar os dous primeiros espectáculos de teatro amador - dirixidos a público maior de 12 anos -. O primeiros deles será "Arsénico por compaixón" interpretado por Muxica Teatro do movemento teatral ONCE.  A obra trata sobre un divertido e sorprendente vodevil cheo de acción, de confusión e humor negro e que achega o texto de Kesselring á realidade galega. A súa principal particularidade é que está interpretada por actores cegos ou cunha deficiencia visual grave. Xa o sábado, o grupo de teatro Airiños de Asados, de Rianxo, treaerá a súa obra "Hoxe non se paga".  As dúas citas serán ás 21:30 horas. Nas vindeiras semanas o programa continúa con propostasde diferentes grupos de teatro amador; como Expresión Produccións, a A.VV. O Ferrollo de Trasdacosta, Aquelando Teatro de Muros, entre outros. Dentro da mostra tamén haberá espectáculos específicos para os centros de ensino. Tamén se inclúe o monólog "O conto popular en Valle-Inclán", de Quico Cadaval; e o espectáculo "Brinca Vai" de Paco Nogueiras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios