1ª Autonómica: Empate no derbi e vital vitoria do Camariñas

Estaba a xornada marcada polo derbi entre Malpica e Ponteceso. Un derbi que non solventa nada, e que deixa ao Ponteceso aínda en posición moi perigosa. Unha situación parella a un Fisterra que parece decidido a sufrir.
A boa nova da xornada protagonizábaa o Camariñas, que volvía con 5 goles e 3 puntazos do campo do Cacheiras, o pechacancelas ao que afunde defintivamente e que lle permite aos de Berto colocarse con 2 e 4 puntos sobre os seus veciños fisterráns e pontecesáns.

Así e todo, os tres sufrirán pois Laro e Flavia aínda non teñen todo dito, e están a só 2 e 4 puntos do Ponteceso.

Malpica - Ponteceso (2-2)

  • MALPICA: Suso; Charly, Adrián, David Castro, Juan Rabuñal, Andrés (Marcos Amado, min.89), Martín Uruguaio, Alemán (Ismael, min.68), David Blanco, Rancaño, Fernando Varela.
  • PONTECESO: Norberto; Rubén, Dani, Bieito, Jorge, Mendieta, Alberto Recarey, Toniño, Brais (Canay, min.59), Josito (Bolón, min.70), Javi (Lorenzo, min.36).
  • Goles: 0-1, min.2: Brais empurra un lío dentro da área tras un roubo de Toniño; 1-1, min.20: David Blanco de vaselina tras unha deixada de cabeza de Fernando Varela. 1-2, min.75: Toniño remata un centro de Bolón tras unha bonita xogada combinada; 2-2, min.85: Jorge en propia meta tras un centro de Fernando Varela.

Empate bastante xusto para o que se viu sobre o campo de Pedra Queimada ante uns 200 afeccionados. O Ponteceso viuse máis na primeira mitade e o Malpica viuse mellor na segunda. Notouse, iso si, a necesidade do Ponteceso, que imprimiu máis ritmo e agresividade en todo o partido ante un Malpica, con baixas, e algo máis relaxado.

Comezaba o partido co gol de Brais tras unha xogada de presión de Toniño. Pero reaccionaba o Malpica cun bonito gol de David Blanco. A primeira xogada polémica chegaba na área do Malpica cando os visitantes pediron penalto por mans. Suso roubáballe tamén a carteira a Alberto Recarey cando este o encaraba mentres que Dani Pallas salvaba baixo paos un chut de David Blanco que xa superara a Norberto.

Na segunda o Malpica chegou máis á meta rival, como nun gol anulado a D. Blanco, por suposto fora de xogo de Alemán. Charly mandou ao pao de cabeza pero o que se adiantaba era o Ponteceso por medio de Toniño. Faltaba pouco cando empatou cun gol en propia meta de Jorge, que asinaba as táboas.

Cacheiras - Camariñas (1-5)

  • CAMARIÑAS: Pombo (José Luís, min.75), Brais Mouzo, Sergio, Caamaño, Manuel, De la Sierra (Nico, min.7'), Paco, Martín, Brais Triñares (Saviola, min.75), Juan oBello, Alex.
  • Goles: 0-1, min.10: Brais Mouzo de cabeza a un córner; 1-1, min.30: de penalti; 1-2, min.35: Alex a pase de Brais Triñares; 1-3, min.60: Alex a pase de De la Sierra; 1-4, min.65: Martín; 1-5, min.75: Brais Triñares.

Vital vitoria para o Camariñas que foi superior dende o primeiro minuto e ademais tivo sorte de adiantarse pronto. Puideron meterse 0-3 os camariñáns pero fallaron Alex, Martín e Juan oBello clarísimas ocasións, e os locais acabarían empataron de penalti á media hora.

Tocaba remar de novo pero non tardaron 5 minutos os azuis en poñerse por diante cun tanto de Alex a pase de Brais Triñares. Aí, co 1-2 volvíu fallar Alex e Brais, pero aos 15 da segunda, chegaba 1-3 de novo por medio de Alex, e xa acabou o partido. Puideron caer algún máis pero os dous goles de Martín foron anulados. Para a semana espera Berto gañar por fin na casa e seguir restando puntos para a salvación.

Fisterra - Bertamiráns B (2-5)

  • FISTERRA: Didier, Munitis (Piti, min.75), Pana (Rubia, min.46), Sergio Manín (Naranjo, min.80), Manuel Cartamil, Bebeto (Marco do Cabo, min.75), Santi (Guardiola, min.65), Roco, Hugo de Dios, Aitor, Cote.
  • Goles: 1-0, min.3: Aitor tras un córner; 2-0, min.15: Aitor non falla no man a man; 2-1, min.25: Cacho; 2-2, min.35; 2-3, min.64; 2-4, min.86: Cacho; 2-5, min.89.

Dificilmente comprensible a derrota do Fisterra ante o filial do Bertamiráns. Un Fisterra, con moitas baixas, iso si, pero que que parece decidido a sufrir e que leva 3 derrotas consecutivas e 5 partidos sen gañar. Onte volveu fallar en defensa o cadro de Juan Jesús, e iso que aos 15 minutos todo parecia de cara cos dous tantos de Aitor que metían ao Fisterra 2-0.

Pero comezou a diluirse o Fisterra, meténdose atrás e o cadro santiagués, liderado polo carnotán Cacho, tomou o mando e só a ráfagas saía o Fisterra. Empataba antes do descanso e na segunda metíase por diante e acabaría sentenciando no treito final.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Colabora o Blog de Luís E. Porto.