Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Semanas de Maratóns

Semanas de Maratóns

Non haberá liga na Semana Santa no fútbol da Costa. Pero si que haberá fútbol da Costa. E o fará a modo de maratóns. Unha serie de citas que comezan xa este sábado en Vimianzo, cun triangular das categorías base, e que continúa en Baio, Vimianzo e Esteiro nas datas santas.

Triangular en Vimianzo

Triangular Alevin en Vimianzo

Doble cita co fútbol sala para estas vindeiras datas. O Fisober FSF programou para este sábado 23 de marzo unha xornada de fútbol sala femenino no Pavillón Municipal de Vimianzo. Ademais, a familia da Esteirana prantexa para a Semana Santa o IX Maratón de Fútbol Sala Esteiro 2013.

O sábado 23 de marzo disputarase o I Triangular Alevin Deporte Galego Concello de Vimianzo que enfrontara os equipos alevíns do Meigas de Ames, o Viaxes Amarelle de A Coruña e o Fisober de Vimianzo.

Os horarios serán os seguintes:

  • 16:00 h Fisober vs Meigas de Ames.
  • 17:00 h Viaxes Amarelle vs Perdedor 1º partido.
  • 18:00 h Viaxes Amarelle vs Ganador 1º partido.

Ó remate do torneo disputarase o partido de 2ª división entre o Fisober e o Cuatro Arcos Logroño, un dos partidos máis importantes da tempada para as vimiancesas, xa que una vitoria significaría a salvación matemática da categoría.

Na primeira volta o resultado foi de 0-3 favorable as da costa da morte, nun partido que se decidiu na 2ª parte. As rioxanas afrontan o partido ca moral polas nubes despois de acadar a semana pasada a 1ª vitoria da tempada ó derrotaren ó Flaviobriga por 3-0 polo que se presenta un partido moi igualado.

IX Maratón de FS de Esteiro

Maraton FS Esteiro Semana Santa 2013

Os días 28, 29 e 30 de marzo, en plena Semana Santa, o Pavillón Xosé Lago de Esteiro acolle o IX Maratón de Fútbol Sala. Haberá 750€ en premios, e xa se poden inscricibr ata o xoves 28 ás 15:00h (50€ a inscrición) nos números 629 560 240 e 628 046 046.

Torneo de F7 en Vimianzo

Torneo F7 Soneira 2013

Xa está en marcha o Torneo de Futbol 7 en Vimianzo que artella o Soneira SD. O sorteo realizarase o dia 29 ás 21:00h da noite na hamburgueseria London. Haberá 1.400 € en premios e a inscrición pode realizarse no 607 15 29 08 ou no 667 65 00 02.

Maratón de Baio

Maraton de FS de Baio

Os alumnos do IES de Baio artella un maratón que recadar fondos para a excursión de fin de curso, artellan un maratón de FS. A cita será en plena semana santa, os días 30 e 31 de marzo no pavillón baiés.
Como non, os premios son interesantes, 300 puntos para o gañador, 200 para o 2º e 100 para o 3º, sendo 50 a inscrición.

Os teléfonos de contacto para inscribirse antes do 27 de marzo son 660 382 516 e 671 438 067. O sorteo realizarase o venres 29 arredor das 21:00h.

Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios