Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Organización da Liga Intermunicipios de Bergantiños dá a súa visión

A Organización da Liga Intermunicipios de Bergantiños dá a súa visión

O pasado 8 de marzo publicouse neste xornal un escrito enviado por “varios” equipos da Liga Interminicipios de Bergantiños nos que se facían varias acusacións falsas sobre a Organización desta liga. Como tal Organización, queremos explicar o noso punto de vista.

Como eles escriben, o conflicto vén provocado polo abandono do Deportivo Celeste sin rematar a temporada. Ante este feito, a Organización aplica a normativa vixente da liga. A norma número 10 dí textualmente: “Se un equipo se retira da competición, os partidos xogados e non xogados serán anulados, como se non se houbesen disputado”. Máis claro, auga. Pero resulta que algún equipo se viu desfavorecido na clasificación e empezaron unha campaña de ataque á Organización, chegando incluso aos insultos persoais por parte dalgún xogador destes equipos.

Hai que dicir que ao inicio da temporada se realiza unha reunión con representantes de tódolos equipos. Entre outras cuestións apróbase a mencionada normativa da liga, da que cada equipo ten unha copia. Se algún equipo a considera inadecuada sería ahí o momento de modificala, non á metade da temporada e para beneficio propio.

No mesmo artigo fanse outras acusacións que tampouco se axustan á realidade. Hai que aclarar que a Organización ríxese polo que indican as actas arbitrais, non podemos “rearbitrar” partidos. Esto non o fan nin na Primeira División por respecto á figura do árbitro como xuíz deportivo. Tampouco dispoñemos dos medios necesarios para supervisar tódolos partidos, asique para os resultados, goleadores, tarxetas e demais incidencias temos que guiarnos pola acta arbitral. Incluso intentan desacreditar a tabla de máximos goleadores cando teñen moi fácil saber quen marca domingo tras domingo. Xa son ganas de enredar…

En conclusión, somos unha liga modesta e a Organización trata de facelo o mellor posible cos medios dos que dispón. Se alguén cre que o pode facer mellor non seremos nós os que llo impidamos. E ante todo hai que saber respectar á xente e non insultar que se trata de deporte afeccionado. Non o olvidemos.

  • “Organización da Liga Intermunicipios de Bergantiños”.

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios