12 medallas para os pequenos atletas de Cee no Campionato Provincial de Atletismo en Pista

O pasado sábado día 30 de abril celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo en Pista nas pistas de Poboa do Caramiñal. O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, acudía cun total de 35 atletas clasificados para a disputa de devandito campionato. Esta marca converteuno na terceira entidade de toda a provincia con máis atletas clasificados.

Ao termino da xornada os atletas do noso centro conseguiron un total de 12 medallas, repartidas da seguinte forma:

  • Marco Fuentes, campión provincial de lanzamento de peso benjamín e subcampión en lanzamento de pelota.
  • Rocío Caamaño, campioa provincial en lanzamento de peso benjamín e subcampiona en lanzamento de pelota.
  • Nicolás Herrera, subcampión provincial en lanzamento de peso benjamín.
  • Saulo Pose, sucampeón provincial de 1000m obstáculos infantil.
  • Miranda Lago, subcampioa provincial en lanzamento de disco infantil.
  • Iñaki Coronilla, subcampión provincial en 2km. marcha alevín.
  • Carmen Ramón, medalla de bronce en 2km. marcha alevín.
  • David Oca, medalla de bronce en 2 km. marcha alevín.
  • Saulo Rei, medalla de bronce en salto de lonxitude alevín.
  • Alex López, medalla de bronce en 1000m.
  • Os 3 primeiros clasificados de cada provincia das categorías alevín e infantil, e os 4 mellores tempos de toda Galicia, acodirán o día 21 de maio ao Campionato Galego que se disputará en Ourense.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa do Colexio Manuela Rial Mouzo da man de Luis Alberto Fdez.